Saltar ao contido

Avelino Abuín de Tembra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAvelino Abuín de Tembra
Biografía
Nacemento(gl) Avelino Abuín González Editar o valor en Wikidata
1931 Editar o valor en Wikidata
Dodro, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de marzo de 2009 Editar o valor en Wikidata (77/78 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de San Xoán de Laíño Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, poeta Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosÁngel Abuín González Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 66993 BNE: XX1125282 AELG: 68 BUSC: abuin-de-tembra-avelino-1931-2009 Dialnet: 3930440

Avelino Abuín González, chamado Abuín de Tembra, nado en Imo (Dodro) en 1931 e finado en Santiago de Compostela o 2 de marzo de 2009,[1] foi un escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica.[2] Foi catedrático de ensino medio e Técnico Superior de Relacións Públicas. Comprometido coa cultura e coa lingua galegas foi un gran dinamizador cultural.

Foi redactor xefe de La Voz de Breogán de Lisboa entre 1957 e 1958. Foi o creador e impulsor dos Xogos Florais do Ensino Medio de Galicia (1963), antecesores dos premios Minerva-Peleteiro, e dos Cursos Monográficos Manuel Peleteiro (1966)[3], no colexio Manuel Peleteiro de Santiago, onde impartía clases de literatura española.

Fundador, xunto con outros intelectuais do Padroado do Pedrón de Ouro en 1964, que viría a ser distinguida posteriormente coma Fundación de Interese Galego, ostentando o cargo de presidente no ano 1996.

Foi secretario xeral da Fundación Rosalía de Castro e membro da súa Comisión de Cultura desde 1965. Promoveu o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que leva o nome do poeta de Dodro. Fundou a revista electrónica Galicia Viva (1999) da asociación cultural epónima. Creou e promoveu a Ruta Rosaliana[1][4].

Colaborou en numerosas publicacións xornalísticas galegas e na Radio Galega onde durante moitos anos dirixiu e presentou un programa dedicado ás bandas de música, que despois dirixiu e presentou en Radio Obradoiro.

Foi o pai do crítico literario Anxo Abuín.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
Local sociocultural Avelino Abuín de Tembra en Imo.

No ano 2019 inaugurouse un local sociocultural en Imo que leva o seu nome trala remodelación da antiga escola unitaria de Imo.[5][6]

  • Ruta Rosaliana, 1984.
  • Rosalía, biografía do centenario, 1985.
  • Rosalía, 1987, Padroádego Rosalía de Castro.

Edicións

[editar | editar a fonte]
  • En las orillas del Sar de Rosalía, 1984, Padroádego Rosalía de Castro.
  • Obras completas de Rosalía, 1992.
  • Luís Aguirre. Poesía completa, 2007, 3C3.
  • Na frente unha estrela, no bico un cantar, 2007, Fundación Rosalía de Castro.

Prólogos

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Grandeza e decadencia do Palacio de Lestrove, 2012, Pousadas de Compostela.
  • Premio Ciudad de Carballo (1979).
  • Premio Galicia de Poesía (1981).
  • Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago (1981), por Roldas de Compostela.
  1. 1,0 1,1 Saá, Ana (03-03-2009). "Fallece el intelectual Avelino Abuín de Tembra, presidente de Pedrón de Ouro". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 24-05-2025. 
  2. "Avelino Abuín de Tembra". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 24-05-2025. 
  3. "Historia del Colegio" (en castelán). Colexio M. Peleteiro. Consultado o 24-05-2025. 
  4. "«O amor galicián»". Galicia Hoxe. 03-03-2009. Arquivado dende o orixinal o 02-04-2017. 
  5. Prada, Alba (26-01-2019). "Novo local sociocultural en Imo para honrar a Abuín de Tembra". El Correo Gallego. Consultado o 24-05-2025. 
  6. López, Uxía (26-01-2019). "Dodro inaugura a escola Avelino Abuín de Tembra". La Voz de Galicia. Consultado o 24-05-2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]