Abe Rábade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Abe Rábade
Nacemento8 de setembro de 1977
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpianista
PaiXesús Rábade Paredes
NaiHelena Villar Janeiro
IrmánsMaría do Cebreiro
Na rede
Musicbrainz: 809a3e82-28fa-4f13-af62-14a47a289893 Discogs: 2356150 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Xesús Abelardo Rábade Villar, coñecido como Abe Rábade, nado en Santiago de Compostela o 8 de setembro de 1977,[1] é un compositor e pianista galego de jazz. Conta con 14 álbums e realizou máis de 200 composicións en catro estilos principais: jazz, clásico, experimental e músicas de raíz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Jazz Composition e Piano Performance pola Berklee College of Music (Boston) no 1999.[2] Foi en Boston onde naceu o trío de jazz que dirixe dende 1996, Abe Rábade Trío (A.R.T.), naquel momento formado por el no piano, Paco Charlín no contrabaixo e o búlgaro Val Tzenkov na batería.

Abe Rábade Trío[editar | editar a fonte]

O primeiro disco do trío, Babel de Sons, gravouse ao vivo no Festival de Jazz de Getxo (Euskadi) en 2001. No 2006 publican un novo traballo, Playing on Light, escollido Mellor Disco de Jazz en España daquel ano pola revista Cuadernos de Jazz. Esta gravación foi realizada cun novo batería, Bruno Pedroso, quen forma parte do A.R.T. xunto a Pablo Martín Caminero no contrabaixo. Esta nova formación leva traballando xunta dende 2008.

Durante este tempo presentaron Zigurat (2010) e A Modo (2012) con concertos en países de América Latina coma Costa Rica, O Salvador, Guatemala e México. Tamén publicaron os discos Once (2016) e Doravante (2018), o cal presentaron no Festival de Jazz de Monterey (California). Por último está Sorte (2020), unha obra formada por 12 composicións orixinais que representan diferentes estados de ánimo ou fontes de inspiración. O disco consta de 4 trípticos: Sorte mística formado por Orballo, Pálpito e Fluido; Sorte épica con Ideas, Travesía e Victoria; Sorte íntima con Desencanto, Desexo e Lúa; e Sorte lúdica con Amencida, Calma e Retorno.[3]

Ademais disto, o pianista santiagués realizou outros traballos durante estes anos. En 2003 fundou o proxecto GHU! Project no que participaron solistas como Chris Kase, Jesús Santandreu, Alan Ferber, Toni Belenguer, Perico Sambeat ou Michel González. En 2006 formou o grupo Nordestin@s con Guadi Galego e Ugia Pedreira, un traballo que deu unha ollada contemporánea á música tradicional galega. O disco que publicaron baixo o mesmo nome do grupo foi un dos 100 máis vendidos en España no Nadal do 2006.

Obra sinfónica[editar | editar a fonte]

Entrando máis na actualidade, Abe Rábade publica un par de obras sinfónicas: Tránsitos (2015) e Tempos Velados (2017). A primeira delas, que consta de catro movementos, foi estreada no Auditorio de Galicia pola Real Filharmonía de Galicia e o Abe Rábade Trío e foi dirixida por Paul Daniel. Tempos Velados foi inaugurada pola Real Filharmonía de Galicia, o Orfeón Terra a Nosa, o Coro de Nenos da EMMS e Abe Rábade de pianista solista, tamén baixo a dirección de Paul Daniel. Esta obra dura uns 27 minutos e conta con 4 movementos.

Producións poético-musicais[editar | editar a fonte]

Un dos seus grandes proxectos é Lorca Namorado, un espectáculo que viu a luz o 30 de maio de 2019 na Praza da Quintana en Santiago de Compostela. Abe Rábade realizou este traballo ó longo dun ano entre a capital galega e Sevilla. Está formado por versións propias dos 6 Poemas Galegos de Federico García Lorca e son pezas que beben da tradición galega, o flamenco e o jazz. A produción conta con 5 cancións solistas levadas a cabo por Salvador Sobral, Arcángel, Davide Salvado, Kiki Morente e Marcelo do Bode. A sexta das pezas, adicada a Rosalía de Castro, está protagonizada polas 3 voces femininas das pandeireteiras de Lilaina.

Antes de Lorca Namorado tamén realizou outros proxectos próximos á poesía. En 2008 dirixiu musicalmente o proxecto Rosalía 21, un espectáculo e disco con composicións orixinais realizadas a partir de poemas de Rosalía de Castro. Tamén en 2010 dirixiu musicalmente o proxecto Travessia dos Poetas, unhas composicións orixinais realizadas a partir de textos de poetas portugueses coma Fernando Pessoa ou Sophia de Mello Breyner.

Outros traballos artísticos[editar | editar a fonte]

Á parte destes proxectos máis clásicos, no eido musical, Abe Rábade comezou a partir de 2008 a experimentar no campo das voces harmonizadas creando pezas poéticas, pero tamén humorísticas ou reivindicativas.

Durante a corentena pola Covid-19, o pianista realizou unha serie de vídeos baixo o título de Dual lauD xunto a artistas e músicos que admira. Realizaron interpretacións a modo de dueto que subiu á súa canle de YouTube. Tamén no 2020, comezou unha serie de vídeos que chamou VerSons no espello nos que o pianista toca obras doutros artistas. Nestas gravacións aparece reflectido nun espello en troques de enfocarse a el directamente.

Ámbito académico[editar | editar a fonte]

O pianista traballa ademais dentro do ámbito educativo. É codirector artístico do Seminario Permanente de Jazz (Pontevedra) e profesor na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo (ESMAE) de Porto (Portugal) e no Centro Superior de Música de Galiza (CSM Galiza) de Valga (Pontevedra). Asemade, realizou ducias de masterclasses por España, Portugal e países do continente americano coma México ou EEUU.

Masterclasses[editar | editar a fonte]

Asemade, realizou ducias de masterclasses en España, Portugal, países do continente americano como El Salvador, México ou EEUU e países asiáticos como China.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É fillo dos escritores Xesús Rábade Paredes e Helena Villar Janeiro, e irmán da poeta María do Cebreiro e ten unha filla.

Discografía[editar | editar a fonte]

Con Abe Rábade Trío[editar | editar a fonte]

  • Sorte (Nuba, 2020)
  • Doravante (Nuba + Karonte, 2018)
  • Once (Nuba + Karonte, 2016)
  • Tránsitos (Nuba + Karonte, 2015)
  • VerSons (Nuba + Karonte, 2013)
  • A Modo (Nuba + Karonte, 2012)
  • Zigurat (Nuba + Karonte, 2010)
  • Playing on Light (Nuba + Karonte, 2006)
  • Vol.1 (Karonte, 2004)
  • Simetrías (Xingra, 2002)
  • Babel de Sons (Xingra, 2001)

Con GHU! Project[editar | editar a fonte]

  • Open Doors (Nuba + Karonte, 2008)
  • Open Doors Live (Nuba + Karonte, 2008)
  • GHU! Project (Nuba + Karonte, 2004)

Con Rosalía 21[editar | editar a fonte]

  • Rosalía 21 (Falcatruada, 2008)

Con Nodestin@s[editar | editar a fonte]

  • Nordestin@s (Falcatruada, 2006)

Outros[editar | editar a fonte]

  • EP Piano Solo (Nuba, 2020)
  • Jazz in Galiza Series VOL.1 (Free Code, 2011)
  • Piano Solo (Nuba + Karonte, 2009)
  • Aloumiños de Seda (Xunta de Galiza, 2008)

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Martín Códax na Categoría de Jazz e Músicas Improvisadas, 2013
  • Premio UFI ó Mellor Disco de Jazz – “Zigurat”, 2011
  • Premio Cunca das Artes na Especialidade de Música, concedido pola Asociación de Amizade das Artes Galego Portuguesas, 2009
  • Premio Aula X ó mellor solo nas “X Jornadas sobre Jazz de la UNED”, Melilla, 2007
  • Premio de Música Galega “La Opinión”, 1º premio na VI Edición, “Nordestin@s” no 2007
  • Premio Teté Montoliu ó Pianista Revelación en España, concedido pola SGAE, 2001
  • Concurso Internacional de Grupos de Jazz de Getxo, 2º premio no Concurso Internacional de Grupos de Jazz de Getxo, Euskadi, Abe Rábade Trío, 2000
  • Claire Fischer Award de Berklee College of Music, 1999
  • Piano Performance Award de Berklee College of Music, 1999
  • Liberace Foundation Award de Berklee College of Music, 1999

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Abe Rábade". tomajazz.com (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2021. 
  2. Redacción (22 de xaneiro de 2021). "Presentación de ‘Abe Rábade. Piano solo entre árbores’". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2021. 
  3. Ortega, I. "Abe Rábade: Sorte". distritojazz.com/ (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]