Asados, Rianxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asados
Igrexa de Santa María de Asados.
ConcelloRianxo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°40′39″N 8°47′17″O / 42.6775, -8.78805556Coordenadas: 42°40′39″N 8°47′17″O / 42.6775, -8.78805556
Área18 km²
Poboación1.357 hab. (2019)
Densidade75,39 hab./km²
Entidades de poboación17[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Asados[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.423 habitantes (681 homes e 742 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación (aldeas). A poboación sofre un progresivo descenso, desde os 1.698 habitantes do ano 1999 e 1.554 habitantes do ano 2004.

Historia[editar | editar a fonte]

No lugar da Mámoa naceu o padre franciscano Frei Luís Iglesias González (8 de maio de 1767 - Madrid, 1835), confesor da Raíña e catedrático da Universidade de Santiago.

Nesta parroquia viviu e morreu, de tuberculose, o poeta Manuel Antonio (28 de xaneiro de 1930).

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Na parroquia de Asados atópase unha necrópole megalítica composta por máis de 20 túmulos. Atopáronse nela diferentes restos de interese: machadas de pedra puída, puntas de frecha de sílex e distintas pezas de cerámica.

Tamén existen varios xacementos con petróglifos. Entre eles, o das Barras, no alto do Pelotiño, con oito estacións nas que se poden observar círculos, cazoletas e figuras cadriculadas.

Asados na cultura popular galega[editar | editar a fonte]

  • A aldeia da Atalaia/ rodeada de loureiros/ non a pasean casados/ que a pasean solteiros [2].
  • En Somoza nace o sol,/ na Marquesa nace a lúa,/ na aldea da Atalaia/ nace a estrela da fortuna [3].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Asados[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Asados no concello de Rianxo (A Coruña)

Asadelos | A Atalaia | Burés | A Castiñeiriña | A Devesa | O Laxido | Lustres | A Mámoa | A Marquesa | Monte Grande | Outeiro | A Revolta | A Santa Lucía | Somoza | Suigrexa | Vilanustre | Vilas

Parroquias de Rianxo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rianxo

O Araño (Santa Baia) | Asados (Santa María) | Isorna (Santa María) | Leiro (Santa María) | Rianxo (Santa Comba) | Taragoña (San Salvador)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. A Atalaia é un lugar da parroquia de Santa María de Asados (Rianxo). Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 203. No texto: Atalaya, non-a.
  3. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 202. No texto: Atalaya. Somoza, A Marquesa e A Atalaia son tres lugares da parroquia de Santa María de Asados (Rianxo).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bouza Brey, F. (1929): "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, pp. 153–204.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]