Rugby a 7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sevens de Hong Kong.
Situación do xogo.

O rugby a 7 ou rugby sevens é unha variante do rugby union na que cada equipo compite con sete xogadores no campo, en encontros de 14 minutos divididos en dúas metades. A entidade que goberna o sevens é a IRB. Esta disciplina deportiva naceu na localidade escocesa de Melrose a finais do século XIX, onde comezou a disputarse o torneo Melrose Sevens.

As competicións de sevens máis importantes son:

Tamén se disputan competicións de sevens nos Xogos da Commonwealth dende 1998 e nos Xogos Panamericanos dende 2011. A partir de Río de Xaneiro 2016 será un deporte olímpico. Outro torneo histórico é o Middlesex Sevens.

Posicións do rugby a 7
1 Piar 2 Piar
4 Talonador
 
3 Medio de melé
 
5 Apertura
 
6 Centro
 
7 Zagueiro

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Rugby a 7

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]