Bakú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°23′43″N 49°52′56″E / 40.39528°N 49.88222°E / 40.39528; 49.88222

Bakú
Bakı (en azerí)
Coat of arms of Baku.svg
Baku Montage.jpg
Situación xeográfica
Bakú en Acerbaixán
Bakú
Bakú
País Flag of Azerbaijan.svg Acerbaixán
Rexión
Subrexión
Distrito
Xeografía
Altitude -28 msnm
Superficie 2.130 km²
Poboación
Poboación 2.122.300 hab. (2012)
Densidade 996,38 hab/km²
Información
Código postal AZ1000
Alcalde Hajibala Abutalybov
Páxina web BakuCity.az
Foto do Mar Caspio, tomada desde Bakú, Acerbaixán

Bakú[Cómpre referencia] ou Bacú[1] (Bakı en azerí) é a capital e a maior cidade do Acerbaixán. Localizase nas marxes do mar Caspio. Ten preto de 2.045.815 habitantes (2011).

Coñeceu un gran desenvolvemento no treito final do século XIX grazas á industria petrolífera. A súa conquista foi o grande obxectivo da campaña alemá no Cáucaso durante a Segunda Guerra Mundial. Ata ao desenvolvemento da exploración de hidrocarburos na Siberia foi o principal centro petrolífero da URSS. Despois da independencia do Azerbaixán a cidade sofreu o impacto indirecto máis negativo da guerra do Alto Carabakh, voltando a se recuperar lentamente. A abertura próxima do oleoduto Bakú-Ceyhan ten criado moitas esperanzas dun renacemento quer de Bakú quer do Acerbaixán na súa totalidade.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Crese que o nome Bakú provén de verbas do antigo persa Bād-kube "باد کوبہ", que significa "Cidade golpeada polo vento ", onde "Bād" significa vento e "Kube" vén do verbo "Kubidan", golpear.

Tamén se cre que Bakú deriva da palabra Baghkuh, que significa Monte de deus. Baga (actualmente Bagh) e Kaufa (actualmente Kuh) son as dúas verbas do antigo persa para Deus e Montaña; ademais o nome Baghkuh pode ter algunha relación con Bagdad (Regalo de Deus) onde a partícula é a palabra do antigo persa para o verbo dar. En textos árabes a cidade tamén é denominada Baku, Bakukh, Bakuya, e Bakuye'.

Propuxéronse varias hipóteses para explicar a etimoloxía da palabra "Baku". Segundo L.G.Lopatinski e Ali Huseynzade,[2] Baku provén do turco para outeiro. O historiador especialista no Cáucaso K.P. Patkanov tamén sostén a mesma teoría, pero que Bakú se orixina na lingua lak.

A Enciclopedia Islámica turca considera que a palabra "Bakú" provén da expresión "Bey-Kyoy", que en turco significa "a cidade principal".

Outra proposta consiste en que o nome provén do persa medio Bāgh-dād, "O Xardín Doado". O nome é preislámico e as orixes non son claras, pero relaciónase con asentamentos anteriores sen importancia política nin comercial, polo que segundo esta teoría a cidade tería sido fundada en tempos do Califato Abasí.

Mansur chama a cidade "Madinah al-Salam", ou "Cidade da Paz", como unha referencia ao paraíso. Este foi o nome oficial en moedas, pesos e outras cousas.

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Criterios para o uso da lingua. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña. p. 119. ISBN 84-9749-199-8. http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf. 
  2. .The Name “Baku”