Slálom (piragüismo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Proba de slálom no Campionato do Mundo de Ausburg do 2002.

O slálom[1] é unha disciplina do piragüismo que consiste en completar un percorrido en augas bravas no menor tempo posíbel. Normalmente practícase en ríos naturais ou en canles artificiais. O percorrido hase de facer atravesando unhas portas ou paus pendurados. Estes indicadores están numerados de forma correlativa e poden ser de cor verde (que indica "en dirección á corrente") ou vermella ("en contra da corrente"). Hai penalizacións de dous tipos: se o deportista toca un pau da porta súmanselle dous segundos ó tempo total, e se salta unha porta súmanselle 50 segundos.

Nesta disciplina os homes compiten en kaiak (K-1 M) ou en canoa monopraza ou bipraza (C-1 M, C-2 M), as mulleres tan só o fan en kaiak (K-1 W). Tamén se fan competicións por equipos chamadas "Patrullas". Son equipos de tres deportistas que poden ser mixtos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "RAG". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2013. Consultado o 3 de xullo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]