Manuel María

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel María
Manuel María.jpg
Estatua dedicada a Manuel María, en Monforte de Lemos, co Colexio de Nosa Señora da Antiga ao fondo
Datos persoais
Nacemento 6 de outubro de 1929
Lugar Outeiro de Rei
Falecemento 8 de setembro de 2004
Lugar A Coruña
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Galego
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Poesía, narrativa, teatro
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

{{{notas}}}

Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta galego destacado polo seu carácter combativo e mais polo seu compromiso político. Entre os temas dos seus poemas destacan o amor, a arte, o propio compromiso político, a denuncia de eivas, a etnografía, a física, a historia, a inmaterialidade, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a relixión, a sociedade, a lingua, os traballos agrarios, o urbanismo ou a xeografía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Manuel María, fillo de dous labregos acomodados -Antonio Fernández Núñez, que foi alcalde de Outeiro de Rei, e Pastora Teixeiro Casanova-, estudou as primeiras letras na súa vila e en Rábade. En 1942 trasladouse a Lugo para estudar o bacharelato nos maristas e nesta cidade comezou a súa precoz carreira literaria participando por mediación de Celestino Fernández de la Vega, á idade de 20 anos, no ciclo de conferencias "Jóvenes valores lucenses", co que entrou en contacto cos integrantes da tertulia do café Méndez Nüñez (Luis Pimentel, Ánxel Fole, Juan Rof Codina, Aquilino Iglesia Alvariño ...) que o puxeron en contacto co mundo literario galego; desa época data tamén a súa amizade con Uxío Novoneyra.

En 1950 publicou o seu primeiro poemario, Muiñeiro de brétemas, co que se inaugura a denominada "Escola da Tebra". Froito da decepción recibida por suspender os exames de ingreso á Universidade de Santiago foi o seu segundo poemario Morrendo a cada intre. Realizou o servizo militar en Compostela e alí acudía á tertulia do Café Español, onde fixo grande amizade con Carlos Maside. Ao rematar o servizo militar volveu a Lugo, prepárase como procurador, e en 1954 gañou os Xogos Florais de Ourense.

En 1958 instalouse en Monforte como Procurador dos Tribunais, ao tempo que daba clases nunha academia e colaboraba nunha emisora de radio e ao ano seguinte casou con Saleta Goi. Nos axitados anos sesenta e setenta, Manuel María participou na reorganización política, na clandestinidade, dos partidos nacionalistas, ao tempo que colaboraba con numerosas organizacións dedicadas á recuperación cultural impartindo conferencias e recitando poemas; organizou a editorial Xistral e coa súa dona montou a Librería de igual nome, presentou tamén no Teatro Capitol de Santiago a Nova Canción Galega o 1 de decembro de 1968. Sendo a poesía o seu xénero preferido, tentou a man tamén co ensaio, a narrativa e o teatro. Pasou dunha postura existencialista pesimista cara ao compromiso social e político. Elixido membro correspondente da Real Academia Galega en 1970, finalmente renunciou nunha carta pública que apareceu nos xornais galegos en 1975.

Militante de base da UPG e da Frente Cultural da AN-PG, foi concelleiro en 1979 en Monforte, mais en 1985 abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural, asentándose na Coruña. No xornal A Nosa Terra escribiu a columna Andando a Terra. Unha das últimas campañas coas que colaborou foi coa de Burla Negra e a Plataforma Nunca Máis, a raíz do desastre do Prestige.

No 1997 foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Manuel María é un dos poetas galegos máis musicados, entre outros gravaron poemas seus como O Carro, María Manuela, Suso Vaamonde, Fuxan os ventos, A Quenlla ou Chorimas.

Ingresou na Real Academia Galega o 15 de febreiro de 2003 co discurso A Terra Chá: poesía e paisaxe.

O 7 de setembro do 2013 inaugurouse a súa casa-museo en Outeiro de Rei, a Casa das Hortas. [1]

Obra[editar | editar a fonte]

Obra poética[editar | editar a fonte]

Placa na praza Maior de Lugo
  • Muiñeiro de brétemas (1950, Sabino Torres).
  • Morrendo a cada intre (1952, La Voz de la Verdad, Lugo).
  • Advento (1954, Ediciones Galicia, Centro Galego de Buenos Aires).
  • Terra Cha (1954).
  • Libro de cantigas (1955, Lugo).
  • Documentos personaes (1958, Celta).
  • Libro de pregos (1962, Celta).
  • Mar Maior (1963, Galaxia).
  • Versos frolecidos en louvanza de Foz (1967).
  • Proba documental (1968, Xistral).
  • Noticia da vida e da poesía de Xosé Crecente Vega (1968).
  • Versos pra un país de minifundios (1969, Nós, Bos Aires).
  • Versos pra cantar en feiras e romaxes (1969, Patronato da Cultura Galega, Montevideo).
  • Remol (1970 Nós, Bos Aires).
  • Canciós do lusco ao fusco (1970, Xistral).
  • A Rosalía (1971).
  • 99 poemas de Manuel María (1972, Razão Actual, Porto).
  • Odes dun tempo de paz e de alegria (1972, Razão Actual, Porto).
  • Aldraxe contra a xistra (1973, Roi Xordo).
  • Informe pra axudar a alcender unha cerilla (1973, Patronato da Cultura Galega, Montevideo).
  • Laio e clamor pola Bretaña' (1973, Roi Xordo).
  • Seis pétalos de rosa en xeito de retrato (1973, edición do autor). Asinado co pseudónimo Xohán Carneiro.
  • Cantos rodados para alleados e colonizados (1976, Xistral).
  • Poemas ó outono (1977, Xistral).
  • Poemas para construír unha patria (1977, AN-PG).
  • O libro das baladas (1978, Follas Novas).
  • Catavento de neutrós domesticados (1979, Alvarellos).
  • Brétemas do muiñeiro e poema da neboa aferrollada (1980, Xistral).
  • Versos de trinta outonos: (escolma 1950-1979) (1980, Xistral). Escolma de Camilo Gómez Torres.
  • Escolma de poetas de Outeiro de Rei (1982, Xerais).
  • Versos do lume e do vagalume (1982, Galiza Editora).
  • Cantigueiro do Orcellón (1984, A. C. Avantar, O Carballiño).
  • A luz resuscitada (1984, AGAL).
  • O camiño é unha nostalxia (1985, Arracada Galería de Artes).
  • Poemas da labarada estremecida (1985, Xistral).
  • Oráculos para cavalinhos-do-demo (1986, Caixa Ourense).
  • Ritual para unha tribu capital do concello (1986, Follas secas).
  • As lúcidas lúas do outono (1988, Vía Láctea).
  • Sonetos ao Val de Quiroga (1988, Concello de Quiroga).
  • Saturno (1989, Asociación Cultural Rosalía Castro de Barakaldo). Edición bilíngüe galego-éuscaro.
  • Cancioneiro de Monforte de Lemos (1990, Concello de Monforte).
  • Homenaxe ao regato do Cepelo (1990, edición do autor).
  • Compendio de orballos e incertezas (1991, El Correo Gallego).
  • Hinos pra celebrar ao século futuro (1991, Editorial Compostela).
  • Panxoliñas (1992, Asociación Cultural Xermolos).
  • Antoloxía poética (1993, Espiral Maior).
  • Os lonxes do solpor (1993).
  • Poemas a Compostela (1993, El Correo Gallego).
  • A primavera de Venus (1993, Espiral Maior).
  • Poemas a Compostela (1993).
  • Cantigas e cantos de Pantón (1994, Concello de Pantón).
  • Poemas para dicirlle a dúas lagoas (1994, Espiral Maior).
  • O Miño, canle de luz e néboa (1996, Espiral Maior).
  • Antoloxía poética (1997, AS-PG/A Nosa Terra).
  • Sonetos á casa de Hortas (1997, Espiral Maior).
  • MiniEscolma (1998, edición do autor).
  • Brétemas de muiñeiro (2000).
  • Camiños de luz e sombra (2000).
  • Obra poética completa I (1950-1979) e II (1981-2000) (2001, Espiral Maior).
  • Elexías á miña vida pequeniña (2004, Instituto de Estudos Chairegos).
  • Cecais hai unha luz (2010, Fundación Manuel María).
  • Os lonxes do solpor (2012, Fundación Manuel María).

Obra narrativa[editar | editar a fonte]

  • Contos en cuarto crecente e outras prosas (1952, Celta).
  • O xornaleiro e sete testemuñas máis (1971, Ediciones Galicia. Centro Galego de Bos Aires).
  • Kricoi, Fanoi e Don Lobonis (1973, Editorial Castrelos).
  • Andando a Terra (1990, A Nosa Terra). Co pseudónimo de Manuel Hortas Vilanova.
  • Os ontes do silencio (1990, Nova Galicia).
  • Cando o mar foi polo río (1992).
  • Novena a Santa Isabel, por un devoto de Outeiro de Rei (1995, Asociación Cultural Xermolos).
  • Historias do empardecer (2003, Laiovento).

Obra dramática[editar | editar a fonte]

  • Auto do taberneiro. 4 ventos (1957. 2ª edición no 1970, en Xistral).
  • Auto do labrego. Céltiga nº 4 (1961).
  • Auto do mariñeiro (brevísima farsa dramática en tres tempos) (1970, Xistral).
  • Barriga verde (1973, Castrelos. Edición do 1996 a cargo de Santiago Esteban Radío).
  • Unha vez foi o trebón (1976).
  • Auto trascendental do ensino tradicional (1979).
  • Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela (1981, Xistral).
  • Auto do Maio esmaiolado (1985, Cadernos da Escola Dramática Galega).
  • Abril de lume e ferro (1989, Concello de Carral).
  • Auto do Castromil ou a revolución dos baúles (1992, Castromil).
  • Farsa de Bululú (1992, El Correo Gallego).
  • A lúa vai encoberta (1992, Diario 16 de Galicia).
  • Unha vez foi o trebón (1992, El Correo Gallego).
  • Edipo (2003, Universidade da Coruña). Edición de Miguel Anxo Mato.

Obra infantil e xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Os soños na gaiola (1968. Reeditado en Xerais).
  • Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela (1979, Cadernos da Escola Dramática Galega).
  • As rúas do vento ceibe (1979, Xistral).
  • A tribo ten catro ríos (1991, S. M.).
  • Unha sombra vai polo camiño; Como desapareceu a Atlántida e apareceron os lagartos (1991, Xerais).
  • Cando o mar foi polo río (1992, S. M.).
  • Viaxes e vagancias de M. P. (1994, S. M.).
  • As ribeiras son escuras (1997, Everest Galicia).
  • O bigote de Mimí (2003, Everest Galicia).

Obra ensaística[editar | editar a fonte]

  • Notas encol da poesía de Fermín Bouza-Brei (1958, separata da Real Academia Galega).
  • Noticia da vida e poesía de Xosé Crecente Vega (1968, Universidade de Coimbra).
  • Noticia da poesía galega de posguerra (1972, Sociedade da Língua Portuguesa).
  • A Terra Chá: poesía e paisaxe (2003, Real Academia Galega).
  • Galiza (2010, Fundación Manuel María).

Edicións[editar | editar a fonte]

  • Sursum corda. Poesía galego-portuguesa ao Viño (Laiovento).

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • II Festival da Poesía do Condado (1982, S. C. D. Condado).
  • III Festival da Poesía no Condado (1983, S. C. D. Condado).
  • IV Festival da Poesía no Condado (1984, S. C. D. Condado).
  • VI Festival da Poesía no Condado (1986, S. C. D. Condado).
  • VII Festival da Poesia no Condado (1987, S. C. D. Condado).
  • VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1988, S. C. D. Condado).
  • IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1989, S. C. D. Condado).
  • X Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1990, S. C. D. Condado).
  • 12 anos na búsqueda da nosa identidade (1990, Xermolos).
  • XI Festival da Poesia no Condado (1991, S. C. D. Condado).
  • XIII Festival da Poesia no Condado (1993, S. C. D. Condado).
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Edicións do Castro).
  • Construír a paz (1996, Xerais).
  • Novo do trinque (1997, BNG).
  • Poetas entre a tradición e a modernidade: antoloxía (1997, AS-PG/A Nosa Terra). Coeditor con Anxo Gómez Sánchez.
  • 16 poemas galegos para Ernesto Che Guevara contra a súa morte (1967-1973) (1997, Universidade de Santiago de Compostela).
  • Neste silencio: Arredor de Uxío Novoneyra (2000, Noitarenga).
  • Poemas e contos da muralla (2001, A Nosa Terra).
  • Poetas e narradores nas súas voces. I (2001, Consello da Cultura Galega).
  • Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003, Tris Tram). Por Arturo Casas.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney).
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
  • 23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado (2004, Hipocampo).
  • Xela Arias, quedas en nós (2004, Xerais).
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006, Espiral Maior).
  • Do máis fondo do silencio saen voces (2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña).
  • Poemas pola memoria (1936-2006) (2006, Xunta de Galicia).
  • Tamén navegar (2011, Toxosoutos).

Colaboracións na revista Grial[editar | editar a fonte]

  • "A poesía galega de Celso Emilio Ferreiro", revista Grial nº 6 (1964).
  • "As augas van caudales", revista Grial nº 9 (1965).
  • "Os alugados", revista Grial nº 14 (1966).
  • "Raimon, poeta de noso tempo", revista Grial nº 18 (1967).

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Sermón para decir en cualquier tiempo (1960).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

En galego[editar | editar a fonte]

En castelán[editar | editar a fonte]