Lois Diéguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lois Diéguez (AELG)-3.jpg

Lois Diéguez Vázquez, nado en Monforte de Lemos o 17 de abril de 1944, é un escritor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou enxeñería topográfica en Madrid, tendo exercido esa profesión no Concello de Lugo. Militante da UPG, foi un dos fundadores e voceiro da AN-PG e deputado polo BNPG no Parlamento de Galicia (1981-1985). Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega. O seu poema Eu son a voz do pobo, converteuse nunha das cancións emblemáticas o grupo Voces Ceibes. Pertence ao Colectivo Círculos Líticos, integrado, entre outros, por Antón Fortes Torres e Isidro Novo.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Albre de espranza, 1966, Xistral.
  • Canciós pra un agromar branco e azul, 1968, Xistral.
  • O ferro dos días, 1982, Xistral.
  • Ónfalos, 2001, Espiral Maior.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • A torre de Babel, 1968, Galaxia, novela.
  • O tempo sen saída, 1972, Editorial Castrelos, novela.
  • Galou Z-28, 1976, Xistral, novela.
  • A canción do vagamundo, 1987, Sotelo Blanco, novela.
  • Monólogos no espello, 1992, Laiovento, relatos.
  • Tres sombras góticas e unha rosa, 1995, Espiral Maior.
  • Henriqueta na galeria, 1997, Edicións do Cumio.
  • Viaxes ás terras encantadas de Lemos, 1999, A Nosa Terra, narrativa de viaxes.
  • A casa de Galiaz, 2003, Biblos Clube de Lectores.
  • O canto do Muecín, 2007, A Nosa Terra.
  • A poutada do Oso, 2011, Laiovento.

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Os novísimos da poesía galega, 1973, Akal.
  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
  • 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990.
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Edicións do Castro.
  • Novo do trinque, 1997, BNG, relato.
  • Manuel María, 2001, Ophiusa.
  • Palabras con fondo: un compromiso dos escritores de Galicia coa cooperación e a solidariedade internacional, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
  • Poemas e contos da muralla, 2001, A Nosa Terra.
  • Longa lingua, 2002, Xerais.
  • Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney, poesía.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais, narrativa.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
  • Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María.
  • Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70, 2009, Fundación Bautista Álvarez.
  • En defensa do poleiro, 2010, Toxosoutos.
  • Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), 2010, Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas.
  • Premios Terras de Chamoso (2007-2009), 2011, Asociación Cultural Arumes do Corgo.
  • Banqueiros, 2012, Laiovento.
  • Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012), 2012.
  • A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.

Premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]