Arte

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Arte (homónimos).
{{{imaxe}}}
Venus de Milo, Museo do Louvre, Francia

Unha arte é unha expresión da actividade humana mediante a cal se manifesta unha visión persoal sobre o real ou imaxinado. A arte é unha actividade exclusiva do ser humano

Tamén, a través da arte, o artista pode reflectir a visión que ten a colectividade sobre dalgún asunto.

O termo arte procede do termo latino ars. Na Antigüidade considerouse a arte como a habilidade na produción de algo. Non é ata a finais do século XV, durante o renacemento italiano, cando por primeira vez se fai a distinción entre o artesán e o artista (artesanía e Belas Artes) e, equivalentemente, entre artesán (produtor de obras múltiplas), e artista (produtor de obras únicas). É tamén neste período cando se crea unha linguaxe articulada para se referir ao exterior e non á representación formal, quedando clasificadas as artes liberais (as actuais belas artes) en tres oficios: escultores, pintores e arquitectos.

A fins do século XVIII, e sobre todo, a mediados do XIX (primeira industrialización), é cando aparece unha verdadeira oposición entre o produto artístico (traballo global con carácter exclusivo) e mais o industrial (traballo parcelado e producido en serie). Neste período deuse un notábel incremento das coleccións privadas, creáronse as primeiras academias de arte, xurdiu a idea de patrimonio, coa aparición dos primeiros museos, e dos 'especialistas' como críticos, galeristas e coleccionistas. É a partir de 1920 cando se fai por primeira vez distinción entre as "belas artes" e as "artes nobres".

Índice

[editar] Teorías sobre a función da arte

  • A arte como ensino moral: A concepción moralista baséase en que a arte ten de estar ao servizo da moralidade, e chégase aínda a considerar que debe ser rexeitado toda arte que non prometa valores morais que se consideren aceptábeis. O moralismo na arte remóntase a Platón (século IV adC), para o que as tres ideas fundamentais ás que debe aspirar o ser humano son as de Beleza, Bondade e Xustiza, habendo entre elas unha íntima relación. Aristóteles de Estaxira desenvolveu este concepto, defendendo que a arte debía presentar ao home e ao mundo "como podería ser e debería ser". Esta forma de pensamento foi apoiada filosoficamente no século XX polo obxectivismo. Na actualidade segue viva a polémica sobre os efectos morais da arte e sobre a lexitimidade ou non de censurar a arte baseándose en criterios morais e non estéticos.
  • A arte pola arte: A arte ten o seu senso e finalidade en si mesmo. Segundo esta teoría, o artista é alguén dotado dunhas extraordinarias calidades creativas e a súa principal obrigación é perfeccionar a súa obra. Esta teoría foi defendida por algúns románticos alemáns do século XIX.
  • A arte como forza social: É oposta á anterior. O artista ten unha gran responsabilidade social e ha de estar "comprometido" co seu tempo. Esta teoría foi defendida polos socialistas franceses do século XIX e estendeuse axiña a outros países. Na URSS e en todo o bloque socialista creouse a escola oficial de arte destes países, chamada realismo socialista.
  • A arte como medio de comunicación: A obra de arte é o medio do que se vale o artista para transmitir sentimentos e emocións ao espectador, e ten como fundamento a capacidade que posúen as persoas para experimentar como propios os sentimentos alleos. Así, por exemplo, nos compadecemos do dor de alguén que sufriu unha desgraza, e unha obra de arte pode rememorarnos tal dó.

[editar] As Belas Artes

Charles Batteaux (1474) foi o inventor do termo "Belas Artes", que aplicou orixinalmente á danza, a escultura, a música, a pintura e a poesía, engadindo posteriormente a arquitectura e a elocuencia. Posteriormente, a lista sufriría cambios segundo os distintos autores que engadirían ou quitarían artes a esta lista. Riciotto Canudo, o primeiro teórico do cine, foi o primeiro en cualificar ao cine como a sétima arte en 1911.

Actualmente adóitase considerar a seguinte lista:

Algúns consideran outras artes na lista, como a televisión, a publicidade ou os videoxogos.

[editar] Disciplinas artísticas

[editar] Cronoloxía

ARTE PREHISTORICA
Arte prehistórica (Prehistoria)

ARTE ANTIGA (5000 a.C.-0)

Arte exipcia
Arte mesopotámica

ARTE CLASICA (2000 a.C.-300 d.C.)

Arte grega
Arte etrusca
Arte romana

ALTA IDADE MEDIA (300-900)

Arte paleocristiá
Arte bizantina
Arte Carolinxia
Arte Otomá

BAIXA IDADE MEDIA (900-1400)

Arte románica
Arte gótica
Arte islámica

IDADE MODERNA (1400-1800)

Arte renacentista
Arte barroca
Arte rococó
Arte Hispanoamericana

S. XIX

Neoclasicismo
Romanticismo
Realismo
Impresionismo
Post-Impresionismo

S. XX

Arte do Século XX
Modernismo

-VANGARDAS (1905-1942)

Expresionismo
Surrealismo
Arte abstracta
De Stijl (Arquitectura)

ARTE CONTEMPORANEA (1942-2000)
Arte pop
Mail Art
Arte Naïf
Land art: Arte da terra e natureza


S.XXI

Arte do Século XXI



Arte rexional

Arte celta (Aproximadamente século IX antes de Cristo)
Arte ibérica (Séculos VI-IV antes de Cristo)
Arte africana (Manifestacións artísticas producidas polos pobos do África subsahariana)
Arte chinesa
Arte musulmá (Estilo artístico desenvolvido na cultura xerada pola relixión islámica)

[editar] Artistas

[editar] Ligazóns externas

[editar] Véxase tamén

Ferramentas persoais