Patronato da Cultura Galega de Montevideo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patronato da Cultura Galega de Montevideo
Logo
Tipoasociación cultural
Data de fundación1964
SedeMontevideo
PaísUruguai
Na rede
Facebook: pcgalega Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Patronato da Cultura Galega de Montevideo é unha asociación creada en Montevideo en 1964. O seu obxectivo principal era dar cobertura aos galegos emigrados ao Uruguai, pero tamén defenden e espallan a lingua e a cultura galega nese país.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundado por un grupo de galegos que compartían un sentimento común de galeguidade. O proxecto comezou coa creación dunha biblioteca que pouco a pouco foi transformándose no actual padroado. Entre os seus fundadores están Manuel Meilán Martínez, primeiro presidente da institución e galardoado coa Medalla Castelao en 1987. A entidade é membro da Unión de Sociedades Gallegas, e foille recoñecida a condición de galeguidade o 29 de xaneiro de 1992.

O número de socios fundacionais da entidade era de 94, todos eles galegos. No 1998, ano no que se rexistrou o maior número de socios, acadáronse os 910 afiliados, dos cales o 98 % eran galegos. Na última comprobación rexistrada, no ano 2012, o número de socios eran 871, dos cales o 58 % eran galegos.

Obxectivo[editar | editar a fonte]

O Patronato da Cultura Galega e é unha asociación cultural sen fins políticos, relixiosos, filosóficos e lucrativos, cuxo obxectivo é a defensa e espallamento dos valores culturais de Galicia e a unión entre o pobo galego e o uruguaio.

Actividades[editar | editar a fonte]

Realiza moitas actividades coa fin de fortalecer os lazos culturais. Por exemplo, dende a súa fundación até a remate do franquismo o padroado publica libros en galego de temas e autores prohibidos en Galicia.

Actividades dos membros do padroado[editar | editar a fonte]

A institución leva a cabo a emisión do programa de radio semanal Sempre en Galicia. Fundado no ano 1950 constitúe a audición máis antiga do mundo falada enteiramente en lingua galega.

O padroado conta con publicación periódicas na revista Guieiro. Órgao do Patronato da Cultura Galega, que recolle diversas expresións culturais de Galicia e a súa repercusión fora da terra, así como producións propias de galegos emigrados.

Actividades para os socios[editar | editar a fonte]

Realiza tamén diversos cursos e obradoiros que rodean sempre a temática galega e a promulgación ou ensinanza da lingua e cultura de Galicia. Algúns exemplos son: Clases de historia de Galicia, clases de lingua e cultura galegas, obradoiros de fotografía, literatura e pintura etc.

Na institución realízanse tamén actividades de tipo conmemorativo, como homenaxes a galegos ilustres ou celebracións do aniversario das letras galegas, entre outros.

Vieira de Prata[editar | editar a fonte]

O Premio Vieira de Prata e o máximo galardón que outorga o Patronato anualmente, a aquela persoa ou institución que destaque pola súa achega ou servizo ben ao Patronato, ben á cultura galega en xeral. A entrega deste galardón faise en acto público na celebración do Xantar aniversario da Irmandade. Figuras destacadas que obtiveron este galardón son, por exemplo, Isaac Díaz Pardo, Xosé Neira Vilas ou Luís Seoane entre outros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]