Associaçom Galega da Língua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «AGAL»)
Associaçom Galega da Lingua
Logo
Tipoasociación cultural e regulador lingüístico
IdeoloxíaReintegracionismo
Data de fundación1981
Presidente/a
Jon Amil Mateos (2023-) Editar o valor em Wikidata
n>]] (2012-2015)
Valentim Rodrigues Fagim (2009-2012)
Alexandre Banhos (2007-2009)
Bernardo Penabade (2001-2007)
Maria do Carmo Henríquez Salido (1982-2001)
Xavier Alcalá (1981-1982) Editar o valor em Wikidata
Traballos destacadosAgália, Através Editora e Portal Galego da Língua
EnSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
https://pgl.gal
Facebook: AGALgz Twitter: AGALgz Youtube: UCOtlvMEetZDfMZGVPY9vpXg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Associaçom Galega da Língua é un colectivo reintegracionista creado en 1981 que pretende a plena normalización do galego, que entende ser unha póla da lingua galego-portuguesa. Contraria á normativa da RAG, a súa Comissom Lingüística editou as súas propias normas en 1983 co título de Estudo crítico das normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Hoxe en día estas normas, corrixidas e ampliadas, condénsanse na obra Ortografia Galega Moderna confluente com o Português no mundo.[1] A AGAL busca e incorporación do galego ao ámbito lingüístico galego-luso-brasileiro. Considera que o galego é a denominación que o portugués ten en Galiza e asume que o nome internacional é portugués.

Constitución da AGAL[editar | editar a fonte]

En maio de 1981 tiveron lugar varias reunións en Santiago de Compostela que deron como principal conclusión que cumpría aproveitar as novas condicións políticas (Estatuto de Autonomía de Galiza) para dar resposta aos problemas da lingua galega. Para iso acordouse constituír unha asociación (a AGAL) que tería o obxectivo de conseguir umha substancial reintegraçom idiomática e cultural do galego, especialmente nas manifestaçons escritas, na área lingüística e cultural que lhe é própria: a galego-luso-africano-brasileira (extracto dos primeiros Estatutos da AGAL).

O 9 de xuño dese ano redactouse na Coruña a acta fundacional, figurando como membros da mesma Xavier Alcalá, António Gil Hernández, Manuel Miragaia, José Maria Monterroso e Joám Carlos Rábade. No mes de outubro a asociación legalizouse e xa en decembro elixiuse o primeiro Conselho Nacional, presidido polo membro fundador Xavier Alcalá.

A AGAL foi unha das institucións que en 1986 impulsaron a creación da Mesa pola Normalización Lingüística.[2]

En 2018 aposta polo binormativismo como eixo programático.[3]

Presidencias[editar | editar a fonte]

Membros de honra[editar | editar a fonte]

Durante a súa historia, sobre todo nos primeiros anos, a AGAL distinguiu como Membros de Honra diferentes personalidades:

A AGAL como editora[editar | editar a fonte]

A AGAL foi recoñecida formalmente como editora a finais de 2008[8] ao se integrar no Consorcio Editorial Galego. Con todo, xa desde a propia constitución da asociación editou obras ensaísticas, actas de congresos e libros de poesía, teatro ou narrativa de autores como Ramom Lôpez Suevos, Ricardo Carvalho Calero, Elvira Souto, Carlos Garrido, Carles Riera, Manuel María, Ernesto Guerra da Cal, João Guisán Seixas ou Jenaro Marinhas del Valle.

Ademais, desde o ano 1985 edita a revista Agália, que tivo períodos de edición trimestral e máis recentemente semestral.

En 2010, a AGAL Editora pasou a denominarse Através Editora, e renomeou tamén as diferentes coleccións. Na súa estrea publicou xa obras de Carlos Taibo, Séchu Sende ou Ugia Pedreira.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ortografia galega moderna: confluente com o português no mundo". Portal Galego da Língua. 13 de febreiro de 2017. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  2. Carta fundacional recuperada de Internet Archive, captura do 13 de febreiro do 2006.
  3. "O reintegracionismo muda a estratexia e aposta polo binormativismo". Praza.gal. 4 de decembro de 2018. Consultado o 5 de decembro de 2018. 
  4. "A AGAL elegeu um novo Conselho para fortalecer a oportunidade da Lusofonia para a cidadania galega", consultado o 8 de febreiro de 2013
  5. Perfil de Miguel Penas na web da AGAL, consultado o 8 de febreiro de 2013
  6. "Eduardo Maragoto, presidente da AGAL: «A língua é o melhor investimento para viabilizar a cultura galega»", consultado o 7 de novembro de 2016
  7. "Uma nova equipa assume a direção da AGAL", consultado o 20 de outubro de 2023
  8. "Editora Associaçom Galega da Língua integra-se no 'Consorcio Editorial Galego'" Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine., 26 de decembro de 2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]