Outeiro de Rei, Outeiro de Rei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Outeiro de Rei
Casa do Concello.
ConcelloOuteiro de Rei[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°06′05″N 7°36′53″O / 43.1014073, -7.6146983Coordenadas: 43°06′05″N 7°36′53″O / 43.1014073, -7.6146983
Poboación771 hab. (2020)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xoán de Outeiro de Rei é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 556 habitantes, deles 264 eran homes e 292 eran mulleres, o que supón un incremento de 100 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Toponimia[editar | editar a fonte]

A orixe do topónimo Outeiro é o latín altarium, que é unha parte alta ou elevación do terreo.[2][3]

Historia[editar | editar a fonte]

A capital do Concello, á cal se lle outorgou o título de vila durante a Idade Moderna, estivo baixo a xurisdición do Conde de Lemos, Trastámara e Sarria dende o ano 1360. Durante século e medio a vila pasou por mans de Fadrique de Aragón, Gutierre de Quijada e Pedro de Luna entre outros, e en 1501 reintegrouse ao patrimonio da casa de Lemos mediante privilexio da raíña Isabel I de Castela.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Casa-forte de Outeiro de Rei, tamén chamada "da señorita", fundada polo conde O´Kelly.

Muíño e capela emprazados no Campo de Santa Isabel.

Servizos[editar | editar a fonte]

A Casa do Concello, un edificio tradicional de dúas plantas, con porta de acceso de lintel de arco de medio punto, balcón de ferro e frontón cornixa, cun frontispicio triangular onde se distingue o escudo do Concello.

Colexio de Educación Infantil e Primaria Laverde Ruiz. Casa da Cultura onde se atopa a Biblioteca Municipal, un PAC, un Centro de Saúde e unha residencia de anciáns privada "Residencial Carlos IV".

Festas[editar | editar a fonte]

  • Santa Isabel, celébrase durante tres días no mes de xullo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Outeiro de Rei[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Outeiro de Rei no concello de Outeiro de Rei (Lugo)

Barciela | Cantón | Outeiro de Rei | A Palloza | Santa Isabel

Parroquias de Outeiro de Rei[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Outeiro de Rei

Arcos (San Pedro) | Aspai (San Cibrao) | Bonxe (San Mamede) | Caboi (San Martiño) | Candai (San Vicente) | Castelo de Rei (San Salvador) | Cela (Santa María) | Folgueira (San Nicolás) | Francos (Santiago) | Guillar (San Martiño) | Martul (San Pedro) | Matela (Santa María Madanela) | Mosteiro (San Salvador) | Outeiro de Rei (San Xoán) | Parada (San Xoán) | Robra (San Pedro Fiz) | San Clodio de Aguiar (San Clodio) | San Fiz de Paz (San Pedro Fiz) | San Lourenzo de Aguiar (San Lourenzo) | San Tomé de Gaioso (San Tomé) | Santa Mariña (Santa María) | Santiago de Gaioso (Santiago) | Silvarrei (San Xoán) | Sobrada de Aguiar (Sta. Mª Madanela) | Taboi (San Pedro) | Vicinte (Santa María) | Vilela (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. Moralejo Laso, A. (1977): Toponimia gallega y leonesa. Santiago de Compostela: Editorial Pico Sacro, páx. 110, 280 e 322. ISBN 84-85170-20-2
  3. Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]