Edicións Xerais de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xerais")

Edicións Xerais de Galicia, S.A. é unha empresa editorial galega, con sede en Vigo.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundada en 1979 en Vigo por Xulián Maure Rivas e Germán Sánchez Ruipérez, forma parte do Grupo Anaya desde 1988, ano en que naceu este grupo editorial, que desde xaneiro de 2004 está integrado no Grupo Lagardère.

Publica fundamentalmente libros en galego, de todos os xéneros literarios, así como libro de texto e de divulgación. Publicou dous dicionarios que se encontran entre os máis difundidos da lingua galega, marcando un fito na difusión editorial da lexicografía xeral: o Dicionario Xerais da Lingua (de capas laranxas), con algunhas etimoloxías e pronuncias e co que estudaron xeracións enteiras de galegos, e o Gran Dicionario Xerais da Lingua do ano 2000, con 2.027 páxinas e de carácter inclusivo, aínda que tamén discrimina as prescricións normativas (na norma daquela, previa á reforma normativa de 2003). Convoca anualmente os Premios Xerais de novela, así como os Premios Merlín de literatura infantil e dende 2006 os Premios Caixa Galicia de literatura xuvenil.

O seu director actual é Manuel Bragado, que substituíu no cargo a Víctor Fernández Freixanes.

O fondo editorial de Edicións Xerais de Galicia chega aos 3.000 títulos (datos de 1 de setembro de 2009), dos que 1.600 forman parte do seu catálogo vivo. A maior parte dos títulos editados realizáronse en lingua galega, mais tamén se publicaron algúns en castelán, portugués e inglés. Xerais edita, fundamentalmente, en soporte papel.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]