Xeografía

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A xeografía é a ciencia que ten por obxecto o estudo da superficie terrestre e a distribución espacial e as relacións recíprocas dos fenómenos físicos, biolóxicos e sociais que nela se manifestan.

Nun sentido clásico a xeografía é a ciencia encargada da descrición da Terra, pero hoxe en día, ademais de descreber, a xeografía trata de explicar. Considérase a xeografía como unha ciencia que aglutina a todas as demáis ciencias, tanto naturais como sociais, desde a Historia ata as Matemáticas, posto que os obxectos de estudo da Xeografía son moitos e moi variados. Non obstante, a perspectiva da Xeografía é diferente; estuda os modos de organización do espazo terrestre, a distribución dos elementos que compoñen a paisaxe, a súas formas, as súas poboacións... Ademais, establece unha dialéctica entre a explicación e a descrición da paisaxe; e entre o método indutivo e o dedutivo. Estos elementos teñen que ser elexidos, seleccionados, ordenados, xulgados e presentados. A análise dá ó xeógrafo unha comprensón dos modos de organización no espazo.

Os principais campos que estuda a Xeografía e as súas principais ciencias auxiliares:

Naturalmente os métodos da Historia aparecen en todas elas ata o punto de que se chegou a falar de Xeografía cultural, asi como os estadísticos e matemáticos. Tamén se utilizan métodos de Astronomía e Topografía para realizar os mapas (Cartografía), asi como a determinación de códigos de signos que axuden a interpretalos.

Por outro lado a Xeografía pode estudiarse de forma xeral o concretada nunha zona, rexión ou país concreto. Se fala asi de Xeografía xeral e Xeografía rexional que é a que se ocupa da aplicación das análises xeográficos a países concretos.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Outras linguas