Instituto de Estudos Chairegos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Instituto de Estudos Chairegos, tamén coñecido como IESCHA, é unha organización chairega fundada a mediados do ano 2000 que ten como obxectivos a investigación, o estudo, a conservación, a defensa e máis a difusión da cultura galega, poñendo especial atención a todo canto teña que ver coa lingua, a historia e as tradicións de Galiza, e facendo así mesmo fincapé naquilo relacionado coa Terra Chá.

Téimase nunha ampla concepción cultural que conxugue investigación científica actual e respecto polas tradicións, formulando un proxecto sociocultural que busca revalorizar o papel da nosa bisbarra no conxunto da cultura galega.
IESCHA

O seu director dende 2005 é o historiador José Luis Novo Cazón.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]