Antonio Machado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Machado

Antonio Machado Ruiz, nado en Sevilla o 26 de xullo de 1875 e finado en Collioure, Francia, o 22 de febreiro de 1939, foi un poeta español da xeración do 98.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia de tradición liberal, un ano despois que o seu irmán Manuel, tamén poeta. En 1883 trasladouse coa súa familia a Madrid, onde estudou na Institución Libre de Enseñanza, en 1889 pasou a estudar en institutos oficiais, a partir de 1885 coa morte do seu avó, catedrático de universidade, viuse obrigado a realizar diversos oficios. En 1899 viaxou co seu irmán Manuel a París e entrou en relación cos poetas simbolistas, Jean Moréas, Paul Fort e Paul Verlaine.

De volta a España trabalou como autor teatral e obtén o título de bacharalato. En 1901 publicou os seus primeiros poemas na revista Electra e ao ano seguinte fai unha nova viaxe a París, onde coñece a Rubén Darío. En 1903 publicou o seu primeiro libro, Soledades e segue a colaborar con diversas publicacións: Helios, Blanco y Negro, Alma Española. En 1907 publicou a versión definitiva do seu primeiro libro: Soledades. Galerías. Otros poemas e aprobou as oposicións a profesor de francés con destino en Soria. O 30 de xullo de 1909 casou con Leonor Izquierdo.

En 1911 marchou cunha bolsa de estudos a París, pero ao lle ser diagnosticada tuberculose á súa dona volta a España, ao ano seguinte apareceu Campos de Castilla e morre a súa dona o 1 de agosto, tras o que Machado pide o cambio de destino para Baeza. En 1915 comeza estudos de filosofía e letras na universidade e apoia aos aliados na Primeira Guerra Mundial. En 1916 apareceu unha nova edición de Campos de Castilla con, entre outros, poemas dedicados a Leonor. Entre 1919 e 1931 foi profesor de francés en Segovia, alí participa na Liga de Dereitos Humanos local. En 1927 entrou na Real Academia Española e en 1931 trasladouse a vivir a Madrid. Activo defensor da República, logo do alzamento contra esta trasladouse a vivir a Valencia e en 1938 pasou a Barcelona, coa desfeita da República Machado cruzou a froteira francesa e morreu o 22 de febreiro de 1939 en Collioure.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • J. L. Cano, Antonio Machado. Biografía ilustrada, Barcelona, 1975
  • Heliodoro Carpintero, Antonio Machado en su vivir, Soria, 1989
  • Jordi Doménech (coord.), Hoy es siempre todavía. Curso internacional sobre Antonio Machado, Sevilla, 2006
  • Alberto Gil Novales, Antonio Machado, Madrid, 1992
  • Ricardo Gullón e A. Phillips: Antonio Machado, Madrid, 1973
  • Rafael Gutiérrez Girardot, Poesía y prosa en Antonio Machado, Madrid, 1969
  • Leopoldo de Luis, Antonio Machado, ejemplo y lección, Madrid, 1975
  • Claudio Rodríguez Fer: Antonio Machado e Galicia, Sada, 1989
  • Antonio Sánchez Barbudo: Los poemas de Antonio Machado, Barcelona, 1967
  • Manuel Tuñón de Lara, Antonio Machado, poeta del pueblo, Madrid, 1997
  • José María Valverde: Antonio Machado, Madrid, 1975
  • Ramón de Zubiría, La poesía de Antonio Machado, Madrid, 1955

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]