Luís González Tosar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luis González Tosar»)
Luís González Tosar
Nacemento25 de agosto de 1952
Lugar de nacementoBuenos Aires
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoeta
PremiosPremio Esquío de poesía, Medalla Castelao e Premio da Crítica de poesía galega
Na rede
Bitraga: 2855 AELG: 196 Dialnet: 918867
editar datos en Wikidata ]

Luís González Tosar, nado en Buenos Aires o 25 de agosto de 1952, é un escritor galego,[1] residente en Santiago de Compostela.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia galega, por volta de 1969 regresou a Galicia, completando en Vigo o bacharelato. Licenciado en 1981 en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor de lingua e literatura galega no ensino secundario dende 1984. Foi fundador e director da revista Dorna e coordinador da colección Dombate de poesía.

Moi vencellado ó mundo da emigración, visitou en varias ocasións as sociedades galegas de cidades como A Habana e Buenos Aires, onde impartiu conferencias e cursos.[3]

É presidente do PEN Clube de Galicia desde 1995 e foi membro da Fundación Rosalía de Castro.[4]

A súa obra foi traducida ao catalán, italiano, inglés, francés, alemán e húngaro.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Estación marítima, 1996, Galicia en el mundo.[7]

Tradución[editar | editar a fonte]

  • A volta do xove Príncipe, de Alejandro Guillermo Roemmers, 2013, Galaxia.

Como editor literario[editar | editar a fonte]

  • Polos vieiros da saudade de Ramón Otero Pedrayo, 2001, Galaxia.
  • Fonduxos da memoria: obra poética (1946-1998), de Ramón Somoza Barros, 2002, Concello de Campo Lameiro.
  • Poesía brasileira hoxe, 2004.
  • Fagamos pola nosa lingua vocación de liberdade / narradores galegos do P.E.N. Let's call our language voice of freedom / prose writers of Galician P.E.N., 2005, PEN Clube de Galicia.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Fantasías reais: almas dun protocolo, de Luis Moure Mariño, 1993, Ir Indo. Tradución do castelán ao galego, con Marisa Guerra.
  • E dixo o corvo..., 1997, Xunta de Galicia.
  • A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
  • Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
  • Carlos Casares: a semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Poetas con Rosalía, 2006, Fundación Rosalía de Castro.
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.[8]
  • A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Editorial Toxosoutos.
  • Xosé María Díaz Castro. Nimbos de luz, con Alfonso Blanco Torrado e Armando Requeixo, 2014, Galaxia.
  • Sombras radiantes y otros poemas, de Xosé María Díaz Castro, edición bilingüe en colaboración con Armando Requeixo, 2014, Eneida.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015.[9]
  • De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Luís González Tosar na BVG.
  2. Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI.
  3. "Gonzalez Tosar, Luis". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 
  4. Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 276-277. ISBN 84-8288-019-5. 
  5. 5,0 5,1 Vilavedra, D., ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Galaxia. p. 406. ISBN 84-8288-365-8. 
  6. Con prólogo de Pere Gimferrer.
  7. Asinado como "Luís Tosar".
  8. ""Vista de Vigo por Urbano Lugrís". p. 47" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xaneiro de 2014. Consultado o 04 de xaneiro de 2014. 
  9. 150 Cantares para Rosalía de Castro, p. 87

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]