Ensaísta e tradutor, é membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Asociación Galega da Crítica, presidente de ELOS (Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil), membro de LITER21 (Grupo de Investigación en Literatura Galega, Literatura Infantil e Xuvenil, Investigacións Literarias, Artísticas, Interculturais e Educativas), membro de LIXMI (Rede Temática de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil do Marco Ibérico e Iberoamericano) e pertence ás directivas do Foro Galicia Milenio e da SIFA (Sociedade Interuniversitaria de Filosofía).
Recibiu varias distincións polo seu labor como crítico, investigador e tradutor literario.
Dende o 2016 dirixe os Cadernos Ramón Piñeiro e as coleccións Láncara de Poesía e Narrativa Recuperada no seo do Proxecto Recuperación de Textos Literarios e Xornalísticos Galegos, do que é o principal responsable no CRPIH[2], onde tamén dirixe o Proxecto Bibliografía da Literatura Galega. Dende decembro do 2019 dirixe tamén os cadernos da Colección Selva de Esmelle e máis a serie Papel de Color, publicacións da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro.
Ler e vivir. Homenaxe a Luís Alonso Girgado, de Luís Alonso Girgado, 2019, Centro Ramón Piñeiro.
Roseiras de rosas roxas. Premios de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro 2012-2018, (coeditor), 2019, Concello de Mondoñedo/ Xunta de Galicia.
Versos fideis. Premios de Poesía Díaz Jácome para Novos Creadores 2000-2018, (coeditor), 2019, Concello de Mondoñedo/ Xunta de Galicia.
Estudos arredor de Ricardo Carvalho Calero. Cadernos Ramón Piñeiro (XL), Anxo Tarrío e Armando Requeixo (coords.), 2020, Santiago, Centro Ramón Piñeiro.
Estudos arredor de Florencio Delgado Gurriarán. Cadernos Ramón Piñeiro (XLV), Luís Alonso Girgado, Luís Cochón e Armando Requeixo (coords.), 2022, Santiago, Centro Ramón Piñeiro.
Unha vida entre libros. Cincuentenario da Librería Follas Novas (1971-1992), Luís Alonso Girgado, Armando Requeixo, Laura Caamaño Pérez, Manuel Naveira Fuentes e Sara J. Silva Santiago (coords.), 2022, Follas Novas.
O mundo e outras vésperas. Colaboracións en El Pueblo Gallego (1932-1936), de Álvaro Cunqueiro, edición e estudo introdutorio, 2022, Vigo, Editorial Galaxia.
Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-2004), de Luísa Villalta, 2023, Vigo, Galaxia.
Cincuentenario dos Premios Minerva, Luís Alonso Girgado, Laura Caamaño e Armando Requeixo (eds.), 2024, Santiago de Compostela, Colexio Manuel Peleteiro.
Mea culpa, de Toño Núñez, posfacio de Armando Requeixo, 2024, Editorial Medulia.
Príncipes prateados. Arredor da literatura gastronómica de Álvaro Cunqueiro, o salmón e A Estrada, de Álvaro Cunqueiro, 2024, A Estrada, Miscelánea Estradense.