Balonmán Seis do Nadal-Coia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Seis do Nadal
Nome completoClub Balonmán Seis do Nadal-Coia
CidadeVigo, Galicia Galicia
Historia1983-
PavillónComplexo Deportivo das Travesas (3.500 espectadores)
PresidenteGalicia María Consuelo Prelchi
Cores          Azul e branco
Na rede
http://seisdonadal.com/
Twitter: seisdonadal Editar o valor em Wikidata
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Local
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Visitante

O Club Balonmán Seis do Nadal-Coia[1] (por motivos de patrocinio, Magope Seis do Nadal) é unha entidade deportiva galega con sede no barrio vigués de Coia. A súa presidenta é María Consuelo Prelchi.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1983 pola Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CEIP Seis do Nadal, e comezou a formar deportistas federados entre o propio alumnado do centro.[2] En 2006 creouse a categoría feminina do club. O equipo masculino xoga na Primeira División Nacional, e o feminino na División de Honra Prata de balonmán feminina. Conta con vinte e dous equipos en todas as categorías[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O nome de Seis do Nadal deriva do CEIP homónimo.
  2. "Historia - Balonmán Seis do Nadal". seisdonadal.com. Arquivado dende o orixinal o 30/07/2020. Consultado o 12/01/2021. 
  3. "Equipos do club.". RFEBM - Real Federación Española de Balonmano. Consultado o 12/01/2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]