Arciprestado de Vigo-Fragoso
Aparencia
O arciprestado de Vigo-Fragoso é un arciprestado pertencente á diocese de Tui-Vigo. Abrangue 9 parroquias eclesiásticas do concello de Vigo. Limita cos arciprestados de Vigo-Centro, Vigo-Casabranca, Vigo-Lavadores e Vigo-Santo André[1].
As parroquias que o conforman proveñan das parroquias históricas de Coia, Bouzas e Freixeiro. Este arciprestado creouse o 29 de xuño de 2016, tras a fusión dos anteriores arciprestados de Vigo-Travesas e Vigo-Polígono[2].
Parroquias
[editar | editar a fonte]- Santísimo Cristo da Vitoria (Coia)
- Santa Marta de Balaídos
- Santo Antonio da Florida
- Nosa Señora do Rocío (O Resío, Coia)
- Nosa Señora do Perpetuo Socorro (Coia)
- Nosa Señora do Carme (As Travesas)
- San Tomé de Freixeiro
- San Martiño de Coia
- San Miguel de Bouzas
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa parroquial de San Martiño de Coia
-
Igrexa de San Miguel de Bouzas
-
Igrexa parroquial de San Tomé de Freixeiro
-
Igrexa parroquial da Nosa Señora do Carme
-
Igrexa parroquial de Nosa Señora do Rocío de Coia
-
Igrexa parroquial do Santísimo Cristo da Vitoria de Coia
-
Igrexa parroquial de Nosa Señora do Perpetuo Socorro de Coia
-
Capela de Nosa Señora do Carme de Bouzas, na rúa dos Ferreiros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "VIGO-FRAGOSO archivos". DIOCESE TUI-VIGO (en castelán). Consultado o 2023-09-12.
- ↑ "DECRETO DE FUSIÓN DE LOS ARCIPRESTAZGOS DE VIGO-POLÍGONO Y VIGO-TRAVIESAS EN UN SOLO ARCIPRESTAZGO QUE PASARÁ A DENOMINARSE VIGO-FRAGOSO" (PDF). Diocese de Tui-Vigo. Consultado o 12/09/2023.