Voleibol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido de voleibol.

O voleibol ou balonvolea é un deporte de balón xogado por 12 persoas en dous equipos de seis cada un. Foi creado en 1895 por William G. Morgan. Daquela era director de Educación Física no YMCA de Holihoke, no estado de Massachusetts (Estados Unidos), e establecera, desenvolvera e dirixira, un amplo programa de exercicios e de clases deportivas masculinas para adultos.

Historia[editar | editar a fonte]

Morgan decatouse de que precisaba dalgún xogo de entretemento e competición á vez para variar o seu programa, e sen dispoñer máis ca do baloncesto, creado catro anos antes (1891), botou man dos seus propios métodos e experiencias prácticas para crear un novo xogo.As regras iniciais e os conceptos de base foron establecidos: a Mintonette; primeiro nome co que se lle bautizou, viñera de nacer.

O nome de mintonette seguiu vixente ata que o doutor A.T. Halsted, en Springfield, despois de observar o novo deporte, suxeriu que o seu nome fose mudado de mintonette para voleibol, tendo en conta que a idea básica do xogo era xogar a bóla dun lado para o outro, por riba da rede, coas mans.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de voleibol