Orde do Temple

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Orde do Temple
TipoOrde militar
Data de fundación1118 e 16 de xaneiro de 1120
Data de disolución22 de marzo de 1312
Fundador(es)Hugues de Payns o Pains, Godfrey de Saint-Omer e André de Montbard
Nomeado en referencia aMonte do Templo
SedeMonte do Templo
PaísEstados Pontificios
editar datos en Wikidata ]
Selo da Orde.

A Orde do Temple[1] ou Orde dos Templarios foi unha orde relixiosa militar, creada en 1118 na cidade de Xerusalén, por nove cabaleiros de orixe francesa, cuxo nome completo era Orde dos Pobres Cabaleiros de Cristo e do Templo de Salomón. Nos séculos seguintes volveuse nunha institución de enorme poder político, militar e económico. A súa divisa era: Non nobis, Domine, non nobis, sed nomini Tuo da gloriam, o que significa «Non a nós, Señor, non a nós, dade a gloria ao Voso nome». Inicialmente as súas funcións limitábanse aos territorios cristiáns conquistados na Terra Santa durante o movemento das Cruzadas, e visaban á protección dos peregrinos que se desprazaban aos lugares sagrados. Nas décadas seguintes, a Orde beneficiouse de innúmeras doazóns de terra na Europa que lle permitiron estabelecer unha rede de influencias en todo o continente.

Orixe do nome e lendas[editar | editar a fonte]

Cruz da Orde dos Templarios

Os templarios foron a primeira orde miliar, uns militares que se organizaban en confraría non cun fin de botín senón relixioso, de conquista dos Santos Lugares, que como tales debían pertencer á fe verdadeira, ou sexa a deles. Ao seren os primeiros monxes-guerreiros foi unha innovación dos cruzados, xa que no pensamento relixioso un monxe non debía nunca ensinar as mans con sangue e incluso estaba penado que matase a un inimigo, polo que os templarios foron criticados por cregos cristiáns que vían na súa existencia un paradoxo non desexable na realidade, como o abade de Isaac da estrella, quen ironizaba sobre a existencia dun "quinto evanxeo" que permitiría a certa nova cabalaría estender a fe mediante o uso da forza, ou Walter Map. Para combater estas críticas éticas San Bernardo "liber ad Milites Templi", un tratado xustificativo que asociaba a estes monxes "sanguinarios" cos campións veterotestamentarios que contaban coa axuda de Deus contra filisteos. Os templarios recibiron como área para a súa sede o territorio que corresponde ao Templo de Salomón, en Xerusalén, e de aí a orixe do nome da Orde.

Segundo a lenda, eles terían encontrado no territorio que recibiron documentos e tesouros que os tornaron poderosos. Segundo algúns, eles ficaron coa tutela do Santo Graal, o cáliz onde foi colectado o sangue de Xesucristo na cruz, e o mesmo que se usou na última cea. Todos estes mitos xurdiron xa na Idade Moderna e serviron ao imaxinario burgués para atacar á monarquía.

Ascensión e caída[editar | editar a fonte]

Construción templaria en Saint Martin des Champs, Francia

A ascensión meteórica dos Templarios levou á súa propia caída. Con medo do estado dentro do seu propio estado, o rei Filipe IV de Francia, con apoio do Papa Clemente V, planeou a destrución da Orde do Templo. En todo o seu territorio, os cabaleiros do Templo foron presos simultaneamente o 13 de outubro de 1307, un venres. Sometidos a tortura, a maioría admitiu prácticas consideradas herexes, como adorar un ídolo chamado Baphomet, homosexualidade ou cuspir na cruz. O papa aprobou a súa extinción no Concilio de Viena de 1311-1312, executándose a maioría dos cabaleiros da orde na fogueira, incluíndo o seu gran-mestre Jacques de Molay en 1314.

O rei Filipe tentou tomar posesión dos tesouros dos templarios, mais cando os seus homes chegaron ao porto, a frota templaria xa partira misteriosamente con todos os tesouros, e xamais se encontrou. Os posíbeis destinos desa frota serían Portugal, onde os templarios serían protexidos; Inglaterra, onde se poderían refuxiar por algún tempo, e Escocia onde tamén se poderían refuxiar con bastante seguridade.

Historia dos templarios por territorios[editar | editar a fonte]

Coroa de Aragón[editar | editar a fonte]

A orde comeza a súa implantación na zona oriental da Península Ibérica na década de 1130. En 1131, o conde de Barcelona Ramón Berenguer III pide a súa entrada na orde, e en 1134, o estamento de Afonso I de Aragón cédelles o seu reino aos templarios, xunto a outras ordes como os hospitalarios ou a do Santo Sepulcro. Este testamento sería revogado, e os nobres aragoneses, desconformes, entregaron a coroa a Ramiro II, aínda que fixeron numerosas concesións, tanto de terras como de dereitos comerciais ás ordes para que renunciaran. Este rei buscaría a unión con Barcelona da que nacería a Coroa de Aragón.

Esta coroa axiña chegaría a un acordo cos templarios, para que colaboraran na Reconquista, favorecéndoos con novas doazóns de terras, así como con dereitos sobre as conquistas (un quinto das terras conquistadas, o décimo eclesiástico, parte das parias cobradas aos reinos de taifas). Tamén, segundo estas condicións, calquera paz ou tregua tería que ser consentida polos templarios, e non só polo rei.

Como en toda Europa, numerosas doazóns de pais que non podían dar un título nobiliario máis que ao fillo máis vello, e buscaban cargos eclesiásticos, militares, cortesáns ou en ordes relixiosas, enriqueceron á orde.

En 1148, pola súa colaboración nas conquistas do sur de Cataluña, os templarios recibiron terras en Tortosa (da cal, tras comprar as partes do rei e os xenoveses, quedaron como señores) e de Lleida (onde se asentaron en Gardeny e Corbins). Tras unha resistencia que se prolongaría até 1153, caeron as últimas prazas da rexión, recibindo os templarios Miravet, nunha importante situación no río Ebro.

Tras a derrota de Muret, que supuxo a perda do imperio transpirenaico aragonés, os templarios convertéronse en custodios do herdeiro á coroa no castelo de Monzón. Este, Xaime I o Conquistador, contaría con apoio templario nas súas campañas en Mallorca (onde recibirían un terzo da cidade, así como outras concesións nela), e en Valencia (onde de novo recibiron un terzo da cidade).

Os templarios mantivéronse fieis ao rei Pedro o Cerimonioso, manténdose do seu lado durante a excomuñón que sufriu a raíz da súa loita contra Francia en Italia.

Os templarios no reino de Castela e León[editar | editar a fonte]

Ante a invasión almohade, os templarios loitaron no exército cristián, vencendo xunto aos reinos de Castela, Navarra e Aragón na batalla das Navas de Tolosa (1212).

En 1265, colaboraron na reconquista de Murcia, que se levantara en armas, recibindo en recompensa Jerez de los Caballeros e o castelo de Murcia.

En Portugal[editar | editar a fonte]

A primeira doazón aos templarios fíxoaa en marzo de 1128 Tareixa, condesa de Portugal en Braga ao templario Raimundo Bernardo[2] o castelo de Soure con tódalas súas rendas e as terras entre Coímbra e Leiria, estando presentes o rei Afonso VII e o Conde Fernando Pérez de Traba. Meses máis tarde 19 nobres do condado portucalense encabezados pola raíña e o Conde de Traba fan diversas doazóns á Orde.

Os templarios en Galicia[editar | editar a fonte]

A orde do temple tivo diversas terras no reino de Galicia, entre elas destaca as de Carballeda de Avia, A Coruña, Coia, Vigo, Amoeiro, capela de San Amaro en A Arnoia, Guntín, Palas de Rei, Láncara, Pazos de Arenteiro etc., e varios hospitais ao longo do Camiño de Santiago. Todos estes bens acabarían nas mans da Orde dos Hospitalarios trala "ilegalización" dos Templarios.

Polonia[editar | editar a fonte]

Os templarios non estiveron activos en Polonia até o século XIII cando o príncipe silesio Henryk Brodaty lles cedeu propiedades nas terras de Oławy (Oleśnica Mała) e Letzen (Leśnica). Máis tarde Władysław Odonec doaríalles Myślibórz, Wielką Wieś, Chwarszczany e Wałcz. O príncipe polaco Przemysław II entregaríalles Czaplinek. A orde chegaría a ter en Polonia polo menos doce komandorie (comendadores), que segundo algúns historiadores puideron ser até cincuenta. A pesar do distanciamento xeográfico coa Terra Santa e co Mediterráneo, que era o centro da orde, chegaría a haber entre 150-200 cabaleiros en Polonia, de procedencia maioritariamente xermánica. O número de cabaleiros polacos é difícil de estimar.

Influencias[editar | editar a fonte]

Despois da aniquilación dos Templarios na maior parte de Europa, a Orde continuou en Portugal, como Orde de Cristo (da cal Henrique, duque de Viseu foi gran-mestre), e en Escocia, aínda que sen nunca máis alcanzar a importancia anterior. Porén, a Orde de Cristo herdou todos os bens dos Templarios portugueses e desempeñou un papel crucial nos Descubrimentos portugueses. No resto da Península Ibérica os membros e terras da Orde pasaron a outras Ordes militares, sobre todo aos seus rivais da Orde dos Hospitalarios.

Segundo algúns, en Escocia a orde gozou de liberdade suficiente para continuar as súas actividades sen incomodarse pola inquisición da Igrexa católica, téndose mesturado con fraternidades masónicas, de onde se orixinou, segunda a lenda, a franco-masonaría, rito escocés.

Mestres[editar | editar a fonte]

  1. Huguens de Payns (1118-1136)
  2. Robert de Craon (Robertus Burgundío) (1136-1146)
  3. Everard des Barres(Ebrardus de Barris) (1146-1149)
  4. Bernard de Tremelay (1149-1153)
  5. André de Montbard (1153-1156)
  6. Bertrand de Blanchefort (1156-1169)
  7. Philippe de Milly (Philippus de Neapoli/de Nablus) (1169-1171)
  8. Odo (Eudes) de St Amand ou Odon de Saint-Chamand(1171-1179)
  9. Arnaud de Toroxe (Arnaldus de Turre Rubea/de Torroxa )(1179-1184)
  10. Gerard de Ridefort|Gérard de Ridefort (1185-1189)
  11. Robert de Sablé (Robertus de Sabloloi) (1191-1193)
  12. Gilbert Horal (Xilbertus Eraíl/Heraíl /Arayl /Horal/Roral) (1193-1200)
  13. Phillipe de Plesis / Plaisíe`/ Plese` /Plesiez (1201-1208)
  14. Guillaume de Chartres ou Willemus de Carnoto(1209-1219)
  15. Pierre (Pedro) de Montaigu (Petrus de Monteacuto) (1219-1230)
  16. Armand de Périgord (Hermannus Petragoricensis) ou Hermann de Pierre-Grose (???-1244)
  17. Richard de Bures (1245-1247)
  18. Guillaume de Sonnac (Guillelmus de Sonayo)(1247-1250)
  19. Renaud de Vichiers (Rainaldus de Vicherío)(1250-1256)
  20. Thomas Bérard (1256-1273)
  21. Guillaume de Beauxeu (Guillelmus de Belloíco) (1273-1291)
  22. Thibaud Gaudin (Thiband Ggandin)(1291-1292)
  23. Jacques de Molay (1292-1314)

Os nove fundadores[editar | editar a fonte]

  • Hugo de Payens
  • Geoffroy de Saint-Omer
  • Andrés de Montbard
  • Archamband de Saint-Aigman
  • Payer de Montidier
  • Godofredo Bisson
  • Gondemaro
  • Hugo Rigaud
  • Rolando

En Portugal[editar | editar a fonte]

Os Templarios entraron en Portugal aínda no tempo de Teresa de León, que lles doou a poboación miñota de Fonte Arcada, en 1127. Un ano despois, a viúva do conde Henrique entregoulles o Castelo de Soure baixo compromiso de colaboraren na conquista de terras aos mouros. En 1145 recibiron o Castelo de Longroiva e dous anos despois axudaron a Afonso Henriques na conquista de Santarém e ficaron responsábeis do territorio entre o Mondego e o Texo, a montante de Santarém.

Os Templarios Portugueses a partir de 1160 ficaron con sede na cidade de Tomar, onde continuou a situarse a súa orde sucesora, a Orde de Cristo.

Mestres Portugueses[editar | editar a fonte]

  1. Afonso Henriques, Irmán Templario (13 de marzo de 1129)
  2. Guillaume Ricardo (1127 - 1139)
  3. Hugues Martins (1139)
  4. Hugues de Montoire (1143)
  5. Pedro Arnaldo (1155 - 1158)
  6. Gualdim Pais1160 Gualdim Paes (1158 - 1195)
  7. Lopo Fernandes
  8. Fernando Dias (1202)
  9. Gomes Ramires (1210 - 1212)
  10. Pierre Alvares de Alvito (1212 - 1221)
  11. Pedro Anes (1223 - 1224)
  12. Martin Sanchez (1224 - 1229)
  13. Estevão Belmonte (1229 - 1237)
  14. Guillaume Fouque ou Fulco (1237 - 1242)
  15. Martim Martins (1242 - 1248)
  16. Pedro Gomes (1248 - 1251)
  17. Paio Gomes (1251 - 1253)
  18. Martim Nunes (1253 - 1265)
  19. Gonçalo Martins (1268 - 1271)
  20. Beltrão de Valverde (1273 - 1277)
  21. João Escritor (1280 - 1283)
  22. João Fernandes (1283 - 1288)
  23. Afonso Pais-Gomes (1289 - 1290)
  24. Lourenço Martins (1291 - 1295)
  25. Vasco Fernandes (1295 - 1306)

Castelos[editar | editar a fonte]

Mosteiros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para templario.
  2. A nobreza altomedieval galega, a familia Froilaz-Traba" J.L.López Sangil ed Toxosoutos 2005

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • LOUÇÃO, Paulo Alexandre, Os Templários na Formação de Portugal, Edições Ésquilo, 8ª edição, Nov. de 2003
  • LOUÇÃO, Paulo Alexandre, Dos Templários à Nova Demanda do Graal, Edições Ésquilo, 1ª edição, Set. 2003
  • TELMO, António, O Mistério de Portugal na História e n'Os Lusíadas, Edições Ésquilo

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]