Valentín Lamas Carvajal
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de novembro de 1849 Ourense, España |
Morte | 4 de setembro de 1906 (56 anos) Ourense, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, poeta |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía, novela |
Familia | |
Cónxuxe | Amalia Rosina Sánchez Gómez |
Fillos | Modesto, Oliverio, Valentina, Ángeles, Dolores e Rosina |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Valentín Lamas Carvajal, nado en Ourense o 1 de novembro de 1849 e finado na mesma cidade o 4 de setembro de 1906, foi un autor e xornalista galego. Foi membro da Real Academia Galega[1], e no ano 1972 dedicóuselle o Día das Letras Galegas[2]. Entre outros feitos, Lamas realizou dúas iniciativas importantes en relación co xornalismo e coa literatura en lingua galega, contando ambas con moi boa acollida: fundar o primeiro semanario en lingua galega, titulado O Tio Marcos d'a Portela, e publicar o Catecismo do labrego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lamas Carvajal era fillo do ourensán José Francisco Lamas e da luguesa María Manuela Carvajales.[3] Ficou orfo de pai con dous anos e cunha nai de dezasete anos. Aliviou esta situación un tío seu, o irmán da súa nai, Pedro Carvajales, un pintor de certo nome naquela altura, e a quen Lamas lle dedicará o seu primeiro libro, La monja de San Payo (1871).
Estudou bacharelato na súa cidade natal e en 1870 trasladouse a Santiago de Compostela para cursar medicina na Universidade de Santiago de Compostela, estudos que non chegou a rematar por mor dunha afección ocular que co tempo o deixaría cego. A andaina universitaria compostelá de Lamas ficou moi patente na súa escrita e na súa visión de Galicia, xa que nesta cidade entrou en contacto coa intelectualidade galega. Sábese, por unha carta súa publicada en El Heraldo Gallego, que en 1871 dirixiu nesta cidade a revista La Aurora de Galicia e que aquí tamén publicou as súas primeiras obras, que presentan influencias románticas.
A partir do ano 1874 a súa vida estivo definitivamente ligada á Cidade das Burgas ao casar, o 4 de xaneiro de 1874, cunha antiga compañeira de estudos, Amalia Rosina Sánchez[4], natural da Guarda, con quen tivo numerosa descendencia.
Os seus problemas coa vista non lle impediron que fose ser o autor máis prolífico e polifacético do seu tempo. Tivo unha incesante actividade literaria e xornalística. Fundou xornais moi populares naquela altura, como El Heraldo Gallego, publicado até 1880, e o primeiro semanario escrito integramente en galego, de moito eco popular e que se publica dende 1876 até 1890, O Tio Marcos d'a Portela, onde publicou Catecismo do labrego en sete entregas no ano 1888 [5], un dos libros que máis se venderon en galego, xa que tivo seis edicións no prazo dun ano dende a súa publicación en libro. Foi tamén director do xornal El Eco de Orense.
En 1887 publicou Gallegada. Tradiciós, costumes, tipos e contos da terriña, conxunto de 19 narracións, todas elas publicadas con anterioridade en O Tio Marcos d'a Portela. No conxunto dos textos de Gallegada pódese ver a vontade populista e comprometida coa defensa dos labregos por parte de Lamas, así como a descrición de cadros de costumes imbuídos de acenos pintorescos, picarescos e cómicos.
En 1906 foi un dos membros fundadores da Real Academia Galega. Morreu ese mesmo ano, e foi soterrado no cemiterio de San Francisco da súa cidade natal.
Obra
[editar | editar a fonte]Obra poética
[editar | editar a fonte]- Dez cartas ôs gallegos (1875)
- Espiñas, follas e frores (1875, ramiño primeiro)
- Espiñas, follas e frores (1876, ramiño segundo)
- Saudades gallegas (1880)[7]
- A musa das aldeas (1890)
Obra narrativa
[editar | editar a fonte]- Gallegada. Tradiciós, costumes, tipos e contos da terriña (1887)
- Catecismo do labrego (1889).[8] Traducido ao castelán,[9][10] ao éuscaro[11] e ao portugués.[12]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Espiñas, follas e frores (ramiño primeiro).
-
Catecismo do labrego.
-
Coroa de morte dedicada a Teodosio Vesteiro Torres pdf
-
El Heraldo Gallego, n.º 383, 1880 pdf
-
Escolma Poética, BBdCG.
-
O Tío Marcos d'a Portela. Parrafeo Primeiro 7/2/1876.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Membros de número: Valentín Lamas Carvajal". Real Academia Galega.
- ↑ "Letras Galegas 1972: Valentín Lamas Carvajal". Real Academia Galega.
- ↑ Carballo, Ricardo (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. pp. 402–411. ISBN 84-7154-227-7.
- ↑ "Entierro de la viuda del gran poeta Lamas Carvajal". La Región. 12 de novembro de 1940. p. 2.
- ↑ Parrafeo nº 250, do 21.10.1888, ao nº 256, do 2.12.1888.
- ↑ Afonso Vázquez-Monxardín: "As homenaxes aurienses a Valentín Lamas Carvajal" (7-37) en Raigame 24, 2006.
- ↑ "Saudades gallegas". Real Academia Galega.
- ↑ Catecismo do labrego no proxecto Gutenberg.
- ↑ "Catecismo de la doctrina labriega". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-22.
- ↑ "Catecismo del campesino". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-22.
- ↑ "Nekazarien Dotrina". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-22.
- ↑ "Catecismo do labrego". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Discurso de Otero Pedrayo en 1972 |
- AAVV. (2001). Actas das xornadas sobre Lamas Carvajal, Ourense, 21 e 22 de outubro de 1999. Consellería de Cultura.
- AAVV. (2006). Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares, n.º 24
- AAVV. (2010-2011). "Lamas Carvajal, Valetín". Dicionario biográfico de Galicia 2. Vigo: Ir Indo Edicións. p. 214.
- Adán Rodríguez, Rafael (ed.) (2004). Gallegada e outros textos en prosa. CIRP e Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-3756-1.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. ISBN 84-7154-227-7.
- Dobarro Paz, Xosé María (2005). "Lamas Carvajal, Valentín". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 263.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 220. ISBN 84-7492-465-0.
- Fernández Gallego, José (1950). Valentín Lamas Carvajal. Estudio bio-bibliográfico. Moret.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. Edicións A Nosa Terra. p. 41. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. pp. 317–320. ISBN 84-8288-019-5.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valentín Lamas Carvajal |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Valentín Lamas Carvajal |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Modesto Lamas Sánchez (fillo de Valentín Lamas Carvajal)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na Biblioteca Virtual Galega.
- Valentín Lamas Carvajal na páxina da AS-PG.