Chano Piñeiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 18: Liña 18:


O gran salto na filmografía de Chano Piñeiro prodúcese en [[1984]] cando fundou a produtora cinematográfica Piñeiro S.A. (despois Bubela S.L.), cuxa primeira realización sería a louvada curtametraxe en [[35 mm]], ''[[Mamasunción]]''. O filme estréase o [[28 de decembro]] de 1984 en [[Vigo]] e consegue atraer a atención de diversos festivais internacionais. Tal foi o éxito desta curtametraxe que o [[25 de xullo]] de [[1985]] a [[TVG]] abre a súa primeira emisión con ''Mamasunción''. Sen dúbida trátase do filme máis logrado na carreira de Chano Piñeiro que xa non volvería a acadar tan altos cumios no futuro.
O gran salto na filmografía de Chano Piñeiro prodúcese en [[1984]] cando fundou a produtora cinematográfica Piñeiro S.A. (despois Bubela S.L.), cuxa primeira realización sería a louvada curtametraxe en [[35 mm]], ''[[Mamasunción]]''. O filme estréase o [[28 de decembro]] de 1984 en [[Vigo]] e consegue atraer a atención de diversos festivais internacionais. Tal foi o éxito desta curtametraxe que o [[25 de xullo]] de [[1985]] a [[TVG]] abre a súa primeira emisión con ''Mamasunción''. Sen dúbida trátase do filme máis logrado na carreira de Chano Piñeiro que xa non volvería a acadar tan altos cumios no futuro.
[[Ficheiro:Rúa de Chano Piñeiro.jpg|miniatura|Rúa de Chano Piñeiro en [[Forcarei]]]]

Dende logo, o seu seguinte filme, ''Esperanza'' non estaría á altura das expectativas que creara ''Mamasunción''. Estreado en [[1986]], ''Esperanza'' desenvolvía o tema do alcoholismo. Torpe e mal dirixida, ''Esperanza'' mostraba as deficiencias dun cineasta totalmente autodidacta e fóra dos circuítos comerciais.
Dende logo, o seu seguinte filme, ''Esperanza'' non estaría á altura das expectativas que creara ''Mamasunción''. Estreado en [[1986]], ''Esperanza'' desenvolvía o tema do alcoholismo. Torpe e mal dirixida, ''Esperanza'' mostraba as deficiencias dun cineasta totalmente autodidacta e fóra dos circuítos comerciais.



Revisión como estaba o 16 de outubro de 2020 ás 17:48

Modelo:Actor Luciano Manuel Piñeiro Martínez, máis coñecido coma Chano Piñeiro, nado en Forcarei o 12 de outubro de 1954 e finado en Vigo o 21 de marzo de 1995, foi un cineasta galego. Ata os anos 1990 en que empeza a despuntar o cine en galego, Chano Piñeiro foi considerado unanimemente o director galego por excelencia. Encarnou coma ninguén a ansia por facer cine en Galicia e en lingua galega.

Traxectoria

A familia de Chano, no momento do seu nacemento, residía na vila de Forcarei. O seu pai, Manuel Piñeiro, era o boticario local. En 1971 ingresou na Universidade de Santiago de Compostela onde estudou Farmacia, probablemente máis por continuar o oficio familiar que por verdadeira vocación. Nese ano crucial na súa vida diagnostícanlle o mal de Crohn, unha afección intestinal crónica, que o levou a pasar reiteradas veces polos quirófanos. Tamén en 1971 coñeceu a que sería a súa dona, Mariluz Montes, tamén estudante de Farmacia e coa que casou en 1974. Foi ela quen lle regalou a Chano a súa primeira cámara de Super 8.

A carreira cinematográfica de Chano Piñeiro iníciase en 1977 coa curtametraxe Os paxaros morren no aire, supostamente inspirada no Sempre en Galiza de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A curtametraxe, que parece ser non gustou nos ambientes composteláns, acadou, non obstante, varios premios en festivais. Os paxaros morren no aire é unha clara mostra do ideario cinematográfico de Chano Piñeiro: ó voluntarismo e do cine afeccionado (falta de financiamento, deficiencias narrativas, eivas técnicas) opón unha fe resolta no cine e, concretamente, no cine en galego. O argumento conta a historia dunha moza que intenta construír unha ponte para dar acceso a unha vila. Para facelo ponse a camiñar e atópase con Castelao e con Basilio Álvarez. A rodaxe contou entre os seus intérpretes con Xosé Manuel Olveira "Pico", Antón Casal, Pili Lorenzo, Xosé Ramón Rodríguez e Alfonso Armada. As localizacións pertencían a Rubillón (a terra de Mariluz), Ponte Caldelas, Cabrais, Ribeira e a praia de Area Longa.

En 1979 Chano e Mariluz abriron unha botica na rúa Torrecedeira de Vigo, cidade onde Chano Piñeiro se afincou para o resto da súa vida e da que moitos o consideran fillo adoptivo. Ese ano filma en Super 8 Eu, o Tolo, considerada por moitos a primeira longametraxe de ficción en galego (outros sosteñen que é Malapata de Carlos A. López Piñeiro). En calquera caso, trátase dunha iniciativa individual e bastante afeccionada como demostra o feito (por outro lado, claramente demostrativo do xeito en que Chano Piñeiro entendía o cine) de que Chano Piñeiro e máis Pablo Barreiro, o técnico de son e músico do filme, tivesen que percorrer persoalmente toda Galicia para exhibir, proxector e pantalla en man, a longametraxe. A estrea oficial só tería lugar o 12 de marzo de 1982 en Vigo grazas ó entusiasta apoio da Corporación Municipal. Eu, o Tolo é un relato surrealista e metafísico en torno a un extravagante personaxe, "Eu". "Eu" casa coa súa bicicleta. Acusado do asasinato do vehículo, foxe da cadea e chega a ser presidente do goberno.

O gran salto na filmografía de Chano Piñeiro prodúcese en 1984 cando fundou a produtora cinematográfica Piñeiro S.A. (despois Bubela S.L.), cuxa primeira realización sería a louvada curtametraxe en 35 mm, Mamasunción. O filme estréase o 28 de decembro de 1984 en Vigo e consegue atraer a atención de diversos festivais internacionais. Tal foi o éxito desta curtametraxe que o 25 de xullo de 1985 a TVG abre a súa primeira emisión con Mamasunción. Sen dúbida trátase do filme máis logrado na carreira de Chano Piñeiro que xa non volvería a acadar tan altos cumios no futuro.

Rúa de Chano Piñeiro en Forcarei

Dende logo, o seu seguinte filme, Esperanza non estaría á altura das expectativas que creara Mamasunción. Estreado en 1986, Esperanza desenvolvía o tema do alcoholismo. Torpe e mal dirixida, Esperanza mostraba as deficiencias dun cineasta totalmente autodidacta e fóra dos circuítos comerciais.

En 1988, Chano Piñeiro iniciou a rodaxe de Sempre Xonxa, a primeira longametraxe galega en 35 mm. Era un proxecto demasiado ambicioso para as posibilidades de Chano Piñeiro. A rodaxe alongouse durante máis dun ano e medio por mor das eivas financeiras e das complexidades da produción. Esta rodaxe esgotou o patrimonio de Chano Piñeiro e derramou a súa fráxil saúde. Con todo, conseguiu estreala en 1989 (ano mítico para o cine galego no que coincidiría a estrea de Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, Urxa de Carlos A. López Piñeiro e Continental de Xavier Villaverde). A película obtivo certo recoñecemento internacional, e queda na conciencia colectiva dos galegos coma un fito na historia da cultura galega.

En 1993 recibiu o encargo institucional de rodar O Camiño das Estrelas mediometraxe destinado a promocionar o Xacobeo 93, suceso turístico-promocional que a Xunta de Galicia, presidida por Manuel Fraga, acababa de inventar. Chano Piñeiro deseña unha película a medio camiño entre a realidade e a ficción. A estrea tivo lugar o 25 de xullo dese ano no Monte do Gozo. Sería a súa última película, e malia contar con medios técnicos nunca visto ata entón no cine galego, representa claramente o punto máis baixo na filmografía de Chano Piñeiro. O argumento xira ó redor da historia de amor entre un lobishome e unha serea, o cal serve de escusa ou de contrapunto para ir presentando as terras do Camiño de Santiago. Pero o argumento acaba sendo do máis manido e o resultado global moito controvertido.

Lamentablemente, non lle deu tempo a rodar máis películas, ó falecer en 1995 con só 40 anos. A súa morte conmocionou os cidadáns de Vigo, onde chegara a ser todo un persoeiro. O Concello de Vigo, que tantas veces apoiara os seus filmes, dedícalle unha rúa.

Filmografía

Recoñecementos

Obtivo no ano 1993 o premio San Martiño de normalización lingüística do Concello da Estrada.

Trala súa morte, creáronse para honralo os Premios Chano Piñeiro que levaban o seu nome. Logo dun ano de celebración, estes premios pasaron a denominarse Premios Mestre Mateo. Posteriormente, foron creados outros Premios Chano Piñeiro, en paralelo ós anteriores.

Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1995, a título póstumo.

Un colexio de Gondomar e o IES de Forcarei levan o seu nome.

En Vigo decidiron colocar unha placa na casa na que viviu.[1]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.