Wikipedia:Política de uso de imaxes
Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. |
A páxina Wikipedia:Política de uso de imaxes intenta ofrecer, ás persoas non expertas en leis, unha visión xeral das complexas leis dos dereitos de autoría mediante unha guía con exemplos. Axudar a determinar se a carga de certa imaxe ou ficheiro multimedia pode realizarse na Galipedia de acordo coas directrices deste wiki. A Galipedia só acepta contido libre, isto quere dicir, imaxes e outro contido multimedia que poida usarse por calquera, para calquera próposito (con frecuencia, coa condición de que a liberdade de uso do contido se manteña). Os detalles explícanse a continuación. Wikipedia non acepta contido de uso exclusivo non-comercial. A licenza que se aplica a unha imaxe ou ficheiro multimedia debe indicarse, claramente, na páxina de descrición da imaxe mediante un marcador de dereitos de autoría. Toda a información precisa baixo esa licenza debe incluírse na páxina de descrición da imaxe. Esa información debe ser suficiente para que outros colaboradores poidan verificar o status da licenza. O procedemento máis axeitado é incluír no campo resumo do formulario de carga toda a información. Se vostede solicita permiso ao propietario dos dereitos de autoría dunha imaxe, por favor, use exclusivamente este modelo de mensaxe para pedir a autorización. |
Licenzas aceptables
[editar a fonte]Axuda de edición |
---|
Antes de comezar |
Como editar unha páxina |
Creando un artigo |
Como crear unha páxina Como trocar o nome (1) (2) O libro de estilo Como citar as fontes (3) Como categorizar Como mellorar a ortografía Ligazóns interlingüísticas Como engadir imaxes (4) Non asine os textos (5) |
Clases de artigos |
Os espazos de nomes Listaxe de modelos Redireccionar unha páxina |
Usando MediaWiki |
Como facer táboas Etiquetas TeX Como facer modelos Palabras máxicas |
Máis axuda |
Os trebellos Onde colaborar Revisión ortográfica |
Recursos |
Recursos no dominio público |
Todo o material dispoñible na Galipedia debe estar baixo unha licenza libre que permita a calquera usar o material para calquera próposito. En particular, a licenza debe cumprir as seguintes condicións:
- Debe permitirse republicar e distribuír.
- Debe permitirse publicar obras derivadas.
- Debe permitirse o uso comercial da obra.
- Pode esixirse o recoñecemento de todos os autores/contribuíntes a unha obra.
- Pode esixirse publicar a obra derivada baixo a mesma licenza.
- Pode esixirse usar formatos de ficheiro de código aberto libres de restricións na administración de dereitos.
Licenzas de uso común
[editar a fonte]As seguintes licenzas de uso común prefírense para os materiais publicados na Galipedia:
- Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0
- GNU Free Documentation License (GFDL)
- GNU General Public License (GPL) / GNU Lesser General Public License (LGPL)
- Free Art License
- Dominio público
As seguintes licenzas son de uso moi estendido pero non están permitidas (a non ser, por suposto, que o ficheiro tamén teña unha licenza libre):
- Creative Commons Non-Commercial Only (-NC) licenses.
- Creative Commons No-Derivatives (-ND) licenses.
- Uso do material baixo a claúsula de fair use ou outra lei semellante.
Regras sobre o uso das imaxes: pasos a seguir
[editar a fonte]Está é unha lista resumida das regras a ter en conta para o uso de imaxes na Galipedia:
- Teña en conta cando cargue unha imaxe cales son os seus dereitos de autoría.
- Use a páxina de descrición da imaxe que hai asociada a cada imaxe para describir a imaxe e a súa licenza.
- Marque sempre a imaxe co marcador de licenza apropiado.
- Use un título detallado e preciso. Se a imaxe ten o mesmo título que outra existente na Galipedia vai substituír a anterior imaxe coa nova. Iso producirá problemas cando a imaxe está asociado a artigos diferentes ao que vostede estea traballando.
- Cargue unha versión de alta resolución da imaxe sempre que poida, e use a opción miniaturizar (thumb) que ofrece o software da Wikipedia para introducir na páxina unha imaxe de menor tamaño.
- Edite as imaxes de xeito que amosen a información relevante.
- Se crea unha imaxe con texto, por favor cargue outra imaxe sen texto para axudar a que as wikipedias noutras linguas poidan usala traducindo o texto.
- Non poña os créditos da imaxe na imaxe mesma, fágao na páxina de descrición da imaxe.
- Utilice preferentemente o formato SVG (ou, se non, o PNG) para as iconas, debuxos, mapas, bandeiras, e ilustracións semellantes. Empregue JPEG (ou PNG) para as imaxes fotográficas. Use imaxes GIF para as animacións. Non cargue na Galipedia imaxes no formato BMP de Windows: son imaxes sen compresión e ocupan moito espazo.
- Escriba un bo texto alternativo para as imaxes (o texto que se visualiza en caso de non cargarse a imaxe no navegador), engádese cando se escribe o parámetro da imaxe en [[Ficheiro:Nome da imaxe|Texto alternativo de descrición da imaxe.]].
Información da licenza: como marcar as imaxes
[editar a fonte]Todas as páxinas de descrición na Galipedia deben indicar claramente baixo que licenza están publicados os materiais, e deben conter a información precisa para esa licenza (autor, etc), así mesmo teñen que conter información suficiente para que outros usuarios poidan verificar a licenza (identificando a fonte).
A seguinte información específica sempre ten que ser incluída na páxina de descrición, inlcuso se a licenza en cuestión non o require:
- A descrición do contido (Description) da imaxe ou ficheiro multimedia. Descrición da imaxe, onde, que, quen? Isto é importante para que todo o mundo saiba o que vai ver ou ouvir en realidade. En especial é importante para os datos científicos como p.e. imaxes de satélite en falsa cor.
- O autor/creador (Author) da imaxe ou ficheiro multimedia. Para ficheiros multimedia no dominio público —aquelas nas que os dereitos de autoría expiraron— a data da morte do autor tamén é esencial.
- A fonte (Source) do material, preferentemente un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero si debe indicarse expresamente.
- A licenza (Permission) que se aplica ao material. Iso faíse cos Marcadores de licenza de imaxe.
- A data (Date) e lugar de creación. Para obras multimedia no dominio público porque os dereitos de autoría expiraron, a data de creación é esencial.
Outra información que incluírse se está dispoñible:
- Outras versións (other_versions), se a imaxe é unha variación doutra ou se existen outras imaxes da mesma serie.
Estes puntos da descrición poden incluírse usando o modelo información que exactamente igual co dispoñible en Commons para facilitar a publicación das imaxes da Galipedia no repositorio común (non obstante, a presentación e diferente na Galipedia e en Commons).
A páxina de descrición da imaxe debe incluír as seguintes informacións:
- Táboa cos datos identificadores da imaxe (Template:Information).
- Modelo de marcador coa licenza de imaxe.
- Táboa cos datos identificadores da imaxe
- Vostede pode introducila manualmente copiando e pegando o código amosado a continuación:
{{Information | description = | source = | date = | author = | permission = | other_versions = (variable opcional, pode omitirse) }}
Se a imaxe se publica na Galipedia por primeira vez no campo Source engada '''[http://gl.wikipedia.org/ Galipedia, a Wikipedia en galego]''' → [http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:{{subst:PAGENAMEE}} {{subst:PAGENAMEE}}] que sirve para que a imaxe apunte cara a Galipedia e a imaxe orixinal cando se reproduza nun sitio web externo.
- Modelo de marcador coa licenza da imaxe
- Pode ver unha relación de todos os modelos de marcador de licenza dispoñibles na Galipedia na páxina Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.
- A continuación inclúese un exemplo dos marcadores de licenzas máis comúns nas imaxes desta Wikipedia (para introducir un deles basta escribir
{{GFDL}}
ou{{Cc-by-sa-3.0}}
na páxina de descrición da imaxe).
Autorízase copiar, distribuír e/ou modificar este documento baixo os termos da licenza de documentación libre de GNU, versión 1.2 ou calquera outra que posteriormente publique a Free Software Foundation (Fundación do Software Libre); sen seccións invariantes, nin textos de portada ou contraportada. Deutsch - English - Español - Français - Portugués - http://www.gnu.org/copyleft/fdl.html Permission is granted to copy, distribute and/or modify this document under the terms of the GNU Free Documentation License, Version 1.2 or any later version published by the Free Software Foundation; with no Invariant Sections, no Front-Cover Texts, and no Back-Cover Texts. A copy of the license is included in the section entitled "Text of the GNU Free Documentation License". |
Este ficheiro está baixo a licenza «Cc-by-sa-3.0» de Creative Commons
This file is licensed under the Creative Commons "Cc-by-sa-3.0" Licence | |
Vostede é libre de:
Baixo as seguintes condicións:
|
Lexislación, xurisprudencia, casos prácticos
[editar a fonte]Logos
[editar a fonte]Logos Wikimedia
[editar a fonte]Os logos da Fundación Wikimedia (Wikimedia Foundation, Inc.) teñen todos os dereitos reservados: Wikipedia® é unha marca rexistrada da Wikimedia Foundation, Inc. A presenza de ditos logo nunha imaxe, provoca que a imaxe teña tódolos dereitos reservados e deba ser etiquetada coa licenza {{CopyrightWikimedia}}.
As imaxes que conteñan os logos Wikimedia poden usarse nos proxectos Wikimedia sempre que sexan etiquetadas cos seus correspondentes dereitos de autoría. A presenza do logo nunha páxina ten consecuencias nas capturas de pantalla dos artigos da Wikipedia, posto que fai que a captura teña automaticamente dereitos de autoría e limita o seu uso libre polos usuarios externos. Iso pode evitarse facendo a captura sen o logo, basta con engadir o seguinte código nunha subpáxina de usuario do tipo [[Usuario:Nome_de_usuario/monobook.css]], o logo queda desactivado e deixa de verse nas páxinas da Wikipedia.
/* non usar o logo, mover as caixas cara a arriba */ #p-logo { display: none } #column-one { padding-top: 0; }
A continuación pode ver algún dos logos dos proxectos Wikimedia que teñen dereitos de autoría:
-
Wikipedia
-
Wiktionary
-
Wikibooks
-
Wikiquote
-
Wikisource
-
Commons
-
Wikinews
-
Incubator
Na Guía de identidade corporativa de Wikimedia hai información sobre o uso do logotipo e no artigo de Meta Logo detalles sobre a variedade de logos dos proxectos Wikimedia.
- Nota sobre o uso na Prensa e nos Medios de Comunicación
Os logotipos da Fundación Wikimedia e dos seus respectivos proxectos (como Wikipedia e Commons) son marcas rexistradas e os dereitos de autor pertencen á Fundación Wikimedia. Non están, por regra xeral, dispoñibles para outros usos así e todo está permitido explicitamente o seu uso na prensa e nos Medios de Comunicación para temas relacionados cos proxectos da Fundación Wikimedia. As leis locais sobre o "fair use/uso lexítimo" (para fins académicos ou críticos) tamén poderán aplicarse consonte a súa xurisdición. Para calquera outro uso, por favor contacte a Fundación.
Capturas de pantalla
[editar a fonte]Para asignar a licenza dunha captura de pantalla (sreenshot) hai que ter en conta: o contido da captura (textos, imaxes, programas), o programa que contén a captura (o navegador no caso das páxinas web) e o sistema operativo mostrado.
As capturas de pantalla teñen dereitos de autoría se os programas que as conteñen ou o sistema operativo que se ve teñen dereitos de autoría. Aquelas capturas nas que todos os compoñentes (programas e datos) non teñen unha licenza libre non poden manterse na Galipedia.
Teña en conta que unha captura de pantalla só debe publicarse cunha licenza libre no caso de que todas as imaxes da interface (program GUI) teñen unha licenza libre. Por exemplo, se todas as imaxes son PD (dominio público) a captura tamén debe estar no dominio público, posto que non hai ningún traballo creativo na realización da captura. Se a captura de pantalla mostra iconas ou contidos de sitios web con dereitos de autoría a captura non pode ser libre.
Para crear unha captura de pantalla libre:
- Use un programa libre cun tema (skin) completamente libre.
- Elimine calquera elemento que teña dereitos de autoría, recortando o marco se é preciso. Mostre nada máis co contido.
- O contido da captura de pantalla tamén debe ser libre. Asegúrese de que as capturas de pantalla non conteñen marcas rexistradas, textos ou imaxes con dereitos, ou calquera outro elemento non autorizado para o uso do público xeral.
Por favor, utilice, ademais do marcador de licenza, para as capturas que conteñen só contido libre o modelo {{CapturaPantallaLibre}}. Tamén debe indicar a licenza libre baixo a cal está licenciado o programa.
Lembre que as capturas de pantalla dos proxectos Wikimedia que conteñan os logos tamén teñen dereitos de autoría.
Información adicional:
- Para ampliar detalles Briefing Paper on Copyright in Screenshots (en inglés).
- Microsoft no permite a realización de obras derivadas a partir dos seus programas, polo tanto as capturas non son libres e non poden usarse na Galipedia, vexa Use of Microsoft Copyrighted Content (en inglés).
Edificios e esculturas ao aire libre
[editar a fonte]Utilízase o termo liberdade de panorama para referirse á posibilidade de publicar imaxes realizadas en espazos públicos. Nas leis sobre dereitos de autor de cada país é común atopar apartados relacionadas coa liberdade de panorama. Ditas leis, por regra xeral, garanten a publicación de fotografías de edificios, esculturas e escenas de cáracter non-privado; nelas atópase a formulación deste principio.
A Lei de Propiedade Intelectual española no artigo 35.2 di: "As obras situadas permanentemente en parques, rúas, prazas ou outras vías públicas poden ser reproducidas, distribuídas e comunicadas libremente por medio de pinturas, debuxos, fotografías e procedementos audiovisuais."
- Liberdade de panorama
- Liberdade de panorama completa: Alemaña, Australia, Austria, Brasil, Cánada, República Popula de China, Cánada, República Checa, Croacia, Eslovaquia, España, India, Israel, Países Baixos, Polonia, Suecia, Suíza, Reino Unido
- Non se permite liberdade de panorama ou está restrinxida: Armenia*, Acerbaixán*, Bielorrusia*, Bélxica, Bolivia*, Casaquistán*, Colombia*, Dinamarca**, Ecuador*, Estados Unidos de América**, Estonia*, Francia, Hungría, Italia, Letonia*, Lituania*, México*, Moldova*, Noruega**, Quirguicistán*, Romania*, Rusia*, Uzbequistán*, Ucraína, Xapón***, Xeorxia*
- *Estes países limitan a liberdade de panorama ao uso non comercial das imaxes.
- **Estes países teñen liberdade de panorama exclusivamente para os edificios pero non para esculturas ou outras obras.
- ***Estes países permiten liberdade de panorama só para edificios, mentres as esculturas e outras obras só poden reproducirse para uso non comercial.
Obras derivadas
[editar a fonte]Unha obra derivada, de acordo coa US Copyright Act of 1976, Section 101 defínese do seguinte xeito:
- "Unha «obra derivada» é unha obra baseada nunha ou máis obras pre-existentes, como unha tradución, arranxo musical, dramatización, ficcionalización, versión de película, rexistro sonoro, reprodución artística, compendio, resumo, ou calquera outra forma na cal unha obra poida ser refeita, transformada, ou adaptada. Unha obra que consista en revisións editoriais, anotacións, re-elaboracións, ou outras modificacións, as cales en conxunto, representen unha obra orixinal, é unha «obra derivada»".
No Artigo 11 do Título II da Lei de Propiedade Intelectual española dise sobre as obras derivadas:
- "Sen prexuízo dos dereitos de autor sobre a obra orixinal, tamén son obxecto de propiedade intelectual: 1.º As traducións e adaptacións; 2.º As revisións, actualizacións e anotacións; 3.º Os compendios, resumos e extractos; 4.º Os arranxos musicais; 5.º Calquera transformación dunha obra literaria, artística ou científica".
En consecuencia, todas as transformacións nun novo medio dunha obra de creación suxeita aos dereitos de autoría considéranse unha obra derivada. Tamén todas aquelas modificacións que dan como resultado unha nova obra orixinal. É prerrogativa do propietario dos dereitos exclusivos sobre unha obra autorizar a publicación dunha obra derivada.
Ao contrario ca unha copia exacta dunha obra, que non xera por si mesma uns novos dereitos de autoría, unha obra derivada si dá lugar a novos dereitos. En todo caso, os dereitos de autor da obra orixinal permanecen. A persoa propietaria dos dereitos, poñamos por caso, un boneco animado de Darth Vader ou unha estatua de Picasso, ten o dereito exclusivo para crear obras derivadas. Iso inclúe fotografías da obra, posto que (como as decisións xudiciais refrendan) ese é un aspecto do seu traballo que o autor pode desexar explotar comercialmente.