Francisco Rozados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Rozados
Francisco Rozados Rivas.jpg
Nacemento 17 de febreiro de 1963
Lugar Forcarei
Nacionalidade España
editar datos en Wikidata ]

Francisco Rozados Rivas, coñecido como Rochi, nado en Forcarei o 17 de febreiro de 1963, é un escritor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi axente de desenvolvemento rural. Fundou e coordinou a revista cultural Cotaredo. Afiliado ao Partido Popular de Galicia, foi concelleiro de cultura de Forcarei de 1999 a 2011. En 2013 abandonou a formación conservadora e fundou un partido de ámbito local chamado Foro Forcarei. Tamén colaborou en prensa nas edicións comarcais de La Voz de Galicia e Faro de Vigo coas seccións A miña fusadela e Ecos metacios respectivamente.

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Memoria de Trasdomonte. Edicións Fervenza, 2003.
  • O transparente, cronosférico e omníglota segredo de don Amaro Loureiro e a súa alma perdida e recobrada. Premio Xoán de Cangas de novela curta. Concello de Cangas, 2006.
  • Raiolas no faiado. Editorial Sotelo Blanco, 2008.
  • O bestiario máxico do abade Eliseo e outras narracións insólitas (premio Ánxel Fole X edición). Edicións Fervenza, 2011.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Forcarei, no berce do Umia e do Lérez, Concello de Forcarei, 1991.
  • Terra de Montes. Guía Cultural e Turística, Editorial Everest, 2000.
  • Chano Piñeiro (biografía). Edicións Fervenza, 2003.
  • Forcarei. Historia fotográfica do século XX. Deputación de Pontevedra, 2005.
  • Terra de Montes. Estudo antropolóxico. Reler Edicións, 2008.
  • Verde soño de auga, ceo e pedra (guía de Forcarei). Concello de Forcarei, 2010.

Audiovisual[editar | editar a fonte]

  • Alén da néboa. CD homenaxe ó gaiteiro de Sorribas, Adelino Pichel, co grupo Chorovia na Moucarria. 2007.
  • Mamasunción volve ó correo. Documental XXV aniversario da curtametraxe "Mamasunción" de Chano Piñeiro. 2009.[1]

Colectivas[editar | editar a fonte]

  • Chano Piñeiro, tecedor de soños. Colaboración revista Descubrindo. Anuario de estudos da Terra de Deza. 2005.
  • Poesía contemporánea. Tabeirós-Terra de Montes, 2005, Fervenza.
  • O Patrimonio de Montes. Fitos Culturais. En “A procura da nosa identidade. Terra de Montes”. Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. 2007.
  • O vreeiro por Terra de Montes e Tabeirós. Comercio e peregrinaxe. Revista Miscelánea nº XIII (Fundación Cultural da Estrada – Museo do pobo estradense “Manuel Reimóndez Portela”).2010.
  • Revista Cotaredo. Revista cultural do Concello de Forcarei. Fundada en 1998

Premios[editar | editar a fonte]

  • Camilo José Cela de Narrativa (Concello de Padrón, 2001) –XII edición– pola narración “Unha campa na congostra de Rebordechao
  • Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela no Concello da Estrada (2001)
  • Ánxel Fole (2º premio) de Narrativa (Concello de Lugo, 2006) –VIII edición– pola narración “A Muller que non comía”.
  • Manuel Oreste de Narrativa (Concello da Paradela, 2006) –XI edición– pola narración “Raiolas no faiado”.
  • Concello de Marín de Narrativa (2006) –IX edición– pola narración “O Empeine, ou o misterioso caso da tumba profanada”.
  • Xoán de Cangas de Novela Curta (2006) –I edición– por “O transparente, cronosférico e omníglota segredo de don Amaro Loureiro e a súa alma perdida e recobrada”.
  • Ánxel Fole de Narrativa (Concello de Lugo, 2008) –X edición– pola narración “O Bestiario Máxico do Abade Eliseo”
  • Insignia de Ouro da "Asociación de Amigos da Terra de Montes" pola súa traxectoria cultural, na xuntanza celebrada en Forcarei o 5 de agosto de 2012.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]