Conversa:Chano Piñeiro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Falta de neutralidade[editar a fonte]

Parecenme excesivos algúns dos comentarios expresados no artigo. Por exemplo, Esperanza pode estar moi lonxe da perfección pero en ningún caso pode ser calificada como no artigo de planfetaria (paréceme un traballo bastante persoal, comprometido coa cuestión, que mostra unha paisaxe urbá atractiva, un complexo uso do punto de vista, uns diálogos cribles e un final nada condescendente co espectador). Estaría ben que no artigo tivesen cabida outros puntos de vista...—o anterior comentario sen asinar foi feito por 46.6.55.194 (conversacontribucións) 29 de agosto de 2012 ás 03:42‎

Estou plenamente de acordo co anterior asinante. Ademais teño que dicir que, ademais da biografía que eu escribín (son Francisco Rozados), tamén existe outra anterior asinada por Xoán Acuña, xornalista vigués que traballou no xornal Atlántico Diario. Titúlase CHANO PIÑEIRO: UNHA HISTORIA DO CINEMA GALEGO (Edicións do Cumio, 1999). Francisco Rozados "Rochi"—o anterior comentario sen asinar foi feito por 188.84.133.181 (conversacontribucións) 2 de maio de 2013 ás 06:34‎

Neutralicei esa parte xa que non tiña referencias. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de novembro de 2016 ás 14:40 (UTC)[responder]