Miguel Anxo Fernández Fernández
Miguel Anxo Fernández Fernández | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 20 de setembro de 1955 |
Lugar de nacemento | O Carballiño |
Nacionalidade | España |
Ocupación | catedrático e escritor |
Xéneros | Narrativa e ensaio |
Coñecido por | O sabre do francés, Un nicho para Marilyn, Blues para Moraima, Luar no inferno, Tres disparos e dous friames e Lume de cobiza |
Estudos | Historia da Arte e da Música, comunicación e xornalismo |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Miguel Anxo Fernández Fernández, nado no Carballiño o 20 de setembro de 1955, é un escritor, ensaísta e investigador cinematográfico galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Maxisterio en Ourense. Licenciouse en Xeografía e Historia, na rama Historia da Arte, Xeografía e Historia de Galicia, e é doutor en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo[1]. Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Arte e da Música, Comunicación e Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é profesor de Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra[2], da Universidade de Vigo.
Ademais de dedicarse á docencia é autor de numerosas obras de historia do cine galego e de obras de ficción, así como ensaios e colaboracións en numerosas publicacións.
É membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega[3], e director do curso de extensión universitaria CeMAC (Curso de Medios Audiovisuais de Celanova), que anualmente promoven a Fundación Carlos Casares e a Universidade de Vigo desde 2005[4].
Membro do equipo coordinador da máster class AUGAL (Audiovisual Galego) en Ciencias Sociais e da Comunicación desde 2010[5]. Pertence á Academia de las Ciencias y las Artes de Televisión[6], á Academia Audiovisual Galega, á Asociación de Escritores en Lingua Galega[7], ó Padroado do Museo do Pobo Galego[8] e ó PEN Clube de Galicia[9].
Ten colaborado sobre temas da súa especialidade en revistas galegas como Tintimán, Dorna, Luzes de Galiza, Grial ou Tempos Novos, e na portuguesa Cinema. Colaborou tamén na enciclopedia Historia Universal del Cine (Planeta, 1982). Crítico de cine e televisión en Diario 16 (1998-2001). Leva tempo exercendo de crítico de cine e televisión diariamente en La Voz de Galicia, colaborando tamén no espazo Diario Cultural da Radio Galega.
Foi director da revista Audiovisual Galego (2007-2009)[10] e de revistadoaudiovisualgalego.com (2009-2010).
Foi presentador e director dos programas Galicia no cine e Versión orixinal na TVG (1986-1987) e colaborador do programa Planeta Cine da TVG (2006-2009).
Foi asesor cinematográfico da CRTVG (1985-1987) e asesor cinematográfico da Enciclopedia Galega Universal (Ir Indo, 2001).
Comisariou a mostra única "Cinegalicia" (Vigo, 1989), na que se presentaron as tres primeiras longametraxes galegas de fición: Sempre Xonxa (Chano Piñeiro), Continental (Xavier Villaverde) e Urxa (Alfredo G. Pinal e Carlos A. L. Piñeiro). Tamén con Xosé Enrique Acuña a exposición O carro e o home. O cine de Antonio Román e Xaquín Lorenzo (Santiago, 2004) para a Xunta de Galicia e o Museo do Pobo Galego.[11]. E ademais a exposición Cinegalicia25 (2014-2015), no Museo Gaiás, Cidade da Cultura, Santiago[12].
Foi Presidente do Cineclube Carballiño (1978-1997)[13], Director das Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia, Xociviga (1984-1996)[13], promotor e presidente da Federación de Cineclubes de Galicia (1985-1990)[14], Vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual (2002-2006)[15], Coordinador do programa Audiovisual nas Aulas (2003-2010) para o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Consellería de Educación, membro do comité organizador II Congreso Galego do Audiovisual (2004)[16] e membro do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores da Consellería de Educación (2008)[17].
Obras en galego[editar | editar a fonte]
Ensaio e historia[editar | editar a fonte]
- 15 anos do Cineclube Carballiño. Entregas de Comunicación Cultural. Nº 7. (1984). Consellería de Educazón e Cultura/Xociviga. Santiago.
- O Carballiño. Vellas Historias, Vellas Fotografías 1870-1970 (1992). Xociviga. O Carballiño.
- O Carballiño. Crónica de cine 1900-1994 (1994). Centro Galego de Artes da Imaxe, CGAI. A Coruña.
- Carlos Velo. Cine e exilio (1996). A Nosa Terra. Vigo.
- Carlos Velo, mestre do documental (2001). Centro Galego de Artes da Imaxe, CGAI. A Coruña.
- As imaxes de Carlos Velo (2002). A Nosa Terra/Concello de Pontevedra. Vigo.
- A Bela Otero, pioneira do cine (2002). CGAI/Galaxia. Vigo. 120 páxs.
- Emilio Baños Santos, unha vida entre películas (2004). Centro Galego de Artes da Imaxe, CGAI. A Coruña.
- Rodado en Galicia (2005). Consorcio Audiovisual de Galicia. Santiago. (Reed. en 2008).
- Os amigos de Chano Piñeiro (Coord.) (2007). II Premios Chano Piñeiro. Xunta de Galicia. Santiago.
- 25 anos de Mamasunción (Coord.) (2008). III Premios Chano Piñeiro. Xunta de Galicia. Santiago.
- Sempre Xonxa. Un guión de Chano Piñeiro (Coord.) (2009). IV Premios Chano Piñeiro. Xunta de Galicia. Santiago.
- Carlos Velo. Fotobiografía. Centenario 1909-2009 (2010). Xunta de Galicia. Santiago.
Ficción[editar | editar a fonte]
- O sabre do francés (2002). Galaxia, Vigo. Nova edición ampliada no 2012, con 13 relatos e 228 páxs.
- Capitol, última sesión (2004). 168 páxs. Galaxia. Vigo. Relatos.
- O sangue dos Cortiña (2004). A Nosa Terra. Vigo. 84 páxs.
- O espido de Gina (2014). Galaxia. Vigo. 196 páxs.
- Blues para Moraima (2017). Galaxia. Vigo. 260 páxs.
- Saga de Frank Soutelo
- Un nicho para Marilyn (2002). Galaxia. 144 páxs. E edición corrixida e ampliada en 2012. Traducido ao inglés como A Niche for Marilyn, Small Stations Press, 2016.[18]
- Luar no inferno (2006). Galaxia. 242 páxs.
- Tres disparos e dous friames (2008).Galaxia. 232 páxs.
- Frank Soutelo e o manuscrito de Cabanillas (2010). LasIdeas.
- Lume de cobiza (2011). Galaxia. 284 páxs. Foi traducida ao inglés.[19]
- Bícame, Frank (2013). Galaxia. 272 páxs.
- Un dente sen cadáver (2016). Galaxia. 248 páxs.
- A conxura do sete (2022). Galaxia. 272 páxs. ISBN 978-84-9151-951-5.[20]
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Diccionario do Cine en Galicia. 1896-2008 (Cood. con José Luis Cabo). Xunta de Galicia, Centro Galego de Artes da Imaxe, CGAI, 2008.
- O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia. CIEF. Fundación Caixa Galicia. Santiago, 2010.
- O Carballiño 1869-1979: álbum fotográfico da vila do Arenteiro, 2010, Deputación de Ourense.
- Cinegalicia25, Xunta de Galicia/Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Fundación Cidade da Cultura de Galicia, 2014.
- Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros, Concello de Pontevedra/Galaxia, 2015.
Obras en castelán[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Las imágenes de Carlos Velo. Universidad Nacional Autónoma de México (2007). UNAM. México.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Imagen, memoria y fascinación: notas sobre el documental en España (2001). Ocho y medio, Madrid.
- Las huellas del exilio. Expresiones culturales de la España peregrina (2008). Tebar, Madrid.
Premios e galardóns[editar | editar a fonte]
- Finalista no Premio Galicia de Xornalismo de 1985 na modalidade de Cultura.
- Primeiro Premio ex-aequo no Certame "Historia da Galicia Cinematográfica" de 1993, promovido pola Federación de Cineclubes de Galicia pola investigación Crónica de Cine. O Carballiño. 1900-1990". 1993.
- Premio "Sempre en Galiza" de ensaio polo libro As imaxes de Carlos Velo promovido polo Concello de Pontevedra. 2001[21]
- Premio Honorífico "Fernando Rey" na V Edición dos Premios AGAPI 2001 promovido pola Asociación Galega de Produtoras Independentes. 2001.[22]
- Premio "Chano Piñeiro" de Historia da Galicia Cinematográfica polo libro A Bella Otero, pioneira do cine promovido pola Federación de Cineclubes de Galicia. 2002[23].
- Premio Manuel García Barros en 2002 pola novela Un nicho para Marilyn promovido polo Concello da Estrada/Consellería de Educación e Ordenación Universitaria[24].
- Insignia de Ouro das Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia, Xociviga. 2008 [25].
- Premio Ramón Cabanillas de Tradución. Cambados, 2010.
- XIII Premio González Sinde ao programa Audiovisual nas Aulas, da Academia de las Ciencias y de las Artes Cinematográficas de España. 2011[26].
- Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual da Xunta de Galicia no 2012.
- Premio Blanco Amor no 2016 por Blues para Moraima[27].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Doutores en galego: por coherencia, por compromiso, por convicción...". Universidade de Vigo. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Miguel Anxo Fernández Fernández. Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación". Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "As Seccións e Comisións Técnicas". consellodacultura.gal. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Curso de medios audiovisuais de Celanova (CeMAC)". Fundación Carlos Casares. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ Inscrición en Augal. Master Class do Audiovisual Galego 2015-16
- ↑ "Académicos". www.academiatv.es. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Miguel Anxo Fernández Fernández". www.aelg.gal. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "O Padroado do Museo. Museo do pobo Galego". museodopobo.gal. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2017. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Miguel Anxo Fdez. Fdez.". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 03 de decembro de 2016.
- ↑ "AG, a Revista do Audiovisual Galego, xa ten versión web". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "O «Xocas» máis descoñecido". web.archive.org. 2016-12-20. Archived from the original on 20/12/2016. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Benvidos a Cinegalicia25!". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ 13,0 13,1 "Feciga". 2017-10-25. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Feciga". 2017-10-25. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "O sector audiovisual galego defende a creación da 2ª canle de Televisión de Galicia". Academia Galega do Audiovisual. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ Nogueira, Xosé, O cine en Galicia. Promocións Culturais Galegas, 1997, p. 349.
- ↑ "Disposición do Diario Oficial de Galicia- Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "A Niche for Marilyn". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 2019-11-03.
- ↑ "Greedy Flames". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 20 de maio de 2021.
- ↑ "Editorial Galaxia A conxura do sete". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-11-17.
- ↑ "Miguel Anxo Fernández gana el premio «Sempre en Galicia» de ensayo". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 03 de decembro de 2016.
- ↑ "Miguel Anxo Fernández". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-23.
- ↑ "Miguel Anxo Fernández, premio Chano Piñeiro de Historia do Cine". Arquivado dende o orixinal o 20/12/2016. Consultado o 03/12/2016.
- ↑ "Un nicho para Marilyn, de Miguel Anxo Fernández « Premio de Novela Manuel García Barros". Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Miguel Anxo Fernández foi homenaxeado polo labor desenvolvido a prol das xornadas". culturagalega.org. 2008-08-04. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "O programa ‘Audiovisual nas aulas’ do Consorcio Audiovisual de Galicia recibe o Premio González Sinde da Academia de Cine Española - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Miguel Anxo Fernández gaña o Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor". Editorial Galaxia. 2016-11-26. Consultado o 2019-02-03.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Publicacións do CGAI Arquivado 27 de abril de 2006 en Wayback Machine.
- Recensión en AGAPI de Rodando en Galicia
- "Miguel Anxo Fernández: Paseos e navegacións e literarias [blog]". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 27 de xuño de 2018.
- Entevista a Miguel Anxo Fernández feita polo alumnado de Literatura Galega do século XX no MGB