Praia de Area Longa, Porto do Son
Praia de Area Longa / Praia de Baroña | |
---|---|
![]() | |
42°41′25″N 9°1′40″O / 42.69028, -9.02778Coordenadas: 42°41′25″N 9°1′40″O / 42.69028, -9.02778 | |
![]() | |
Características xerais | |
Lonxitude | 350 m |
Largo medio | 35 m |
Grao de ocupación | Medio-alto (no verán) |
Grao de urbanización | Non hai |
Paseo marítimo | Non hai |
Características específicas | |
Tipo de praia | Aberta (fóra da ría) |
Tipo de area | Fina |
Condicións do baño | Ondas de moderadas a fortes |
Praia nudista | Si |
Aspectos medioambientais | |
Zona protexida | Si |
Seguridade | |
Sinalización do perigo | Si |
Accesibilidade | |
Tipo de acceso | A pé |
Sinalización do acceso | Si, desde a estrada AC-550 |
A praia de Area Longa, tamén coñecida como praia de Baroña, é unha praia galega, situada na parroquia de Baroña, en Porto do Son, ao pé do castro de Baroña.
Trátase dunha praia fecuentada por nudistas, así como por surfistas (debido ás súas ondas).
Características[editar | editar a fonte]
A súa extensión é de 350 m, e ten 35 m de anchura. O seu nivel de ocupación en verán é medio-alto. É unha praia illada sen paseo marítimo, e está principalmente composta por rochas e area branca e dourada.[1][2]
É unha praia de ámbito virxe, con forma de enseada. Á súa dereita atópase o coñecido castro de Baroña, ao que é recomendable facer unha visita.[2]
O estado habitual do mar é de ondadas de moderadas a fortes. A praia está sometida a un forte vento. Hai sinalizacións de perigo claramente visíbeis.[1] Límpase diariamente.[2]
Non hai moitos anos saltou do anonimato por ser unha praia escollida polos nudistas, o que en principio trouxo certa polémica.[2]
É unha praia apta para practicar o submarinismo. Ademais é unha das praias onde máis se practica o surf pola constante ondada do que goza.[1][2]
Está incluída na Rede Natura 2000.[1][2]
A praia conta con servizo de autobús interurbano. Non dispón de aparcadoiro. O acceso a pé, desde a estrada AC-550, é fácil,[1] e para acceder a ela hai que baixar unha acusada pendente (sinalizada).[2]
O hospital máis próximo é o Hospital da Barbanza, que se encontra a 9 km, no lugar de Salmón, na parroquia de Oleiros, no veciño concello de Ribeira.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Playa Area Longa / Baroña Arquivado 03 de novembro de 2014 en Wayback Machine. en playas.es (en castelán).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Praia de Area Longa en Turgalicia (en galego).