Premios Mestre Mateo
- Véxase tamén: Mestre Mateu.
| Premios Mestre Mateo | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Subclase de
| |||||
|
Epónimo
| |||||
|
Composto por
Premios Mestre Mateo 2002
Premios Mestre Mateo 2013 Premios Mestre Mateo 2012 Premios Mestre Mateo 2011 Premios Mestre Mateo 2014 Premios Mestre Mateo 2016 Premios Mestre Mateo 2015 Premio Mestre Mateo ó mellor filme Premios Mestre Mateo 2010 Premios Mestre Mateo 2009 Premios Mestre Mateo 2004 Premios Mestre Mateo 2003 Premios Mestre Mateo 2008 Premios Mestre Mateo 2005 Premios Mestre Mateo 2007 Premios Mestre Mateo 2006 Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina secundaria | |||||
| Datas e cronoloxía | |||||
|
Fundación
| |||||
| Características | |||||
|
Concedido por
| |||||
| Implicados | |||||
|
Organizador/a
| |||||
|
Patrocinador/a
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
|
Páxina WEB
| |||||
| Wikidata C:Commons |


Os Premios Mestre Mateo son os galardóns anuais á excelencia das producións audiovisuais de Galicia. Organizados e supervisados pola Academia Galega do Audiovisual (AGA),[1] os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. A Academia foi orixinalmente concibida como unha entidade profesional que podería asumir a organización dos premios, ademais de ser un xeito de mellorar a imaxe da industria audiovisual galega.
Os primeiros Premios Mestre Mateo celebráronse no 2002 nunha cerimonia no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Ó longo dos anos, as categorías presentadas foron cambiando, e no presente, os Premios contan 25 categorías.
O trofeo está inspirado na imaxe do Santo dos Croques, popularmente identificado co mestre Mateu.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Antes de que se constituíse a Academia Galega do Audiovisual, a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) era a responsable de organizar os premios anuais do audiovisual galego, baixo o nome de Premios AGAPI. As cerimonias dos premios celebráronse entre os anos 1996 e 2001. En 2002 os premios recibiron o nome do cineasta Chano Piñeiro, e foron organizados conxuntamente por AGAPI e pola nova asociación de produtoras que se acabara de constituír, a AEGA.
No 2002 adoptaron a súa denominación actual, polo que se fixeron dúas cerimonias do mesmo ano.
Cerimonias
[editar | editar a fonte]A continuación, unha lista de tódalas cerimonias dos Mestre Mateo.
Categorías
[editar | editar a fonte]- Premio Mestre Mateo ó mellor filme
- Mellor longametraxe de animación
- Mellor documental
- Mellor serie de televisión
- Mellor serie web
- Mellor programa de televisión
- Mellor película de televisión
- Mellor curtametraxe de imaxe real
- Mellor curtametraxe de animación
- Mellor anuncio publicitario
- Mellor videoclip
Categorías profesionais:
- Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista
- Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina protagonista
- Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina secundaria
- Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina secundaria
- Mellor comunicador/a de televisión
- Premio Mestre Mateo á mellor dirección
- Mellor guión
- Mellor dirección de fotografía
- Mellor dirección de arte
- Mellor montaxe
- Mellor realización
- Mellor música orixinal
- Mellor son
- Mellor vestiario
- Mellor maquillaxe e peiteado
- Mellor dirección de produción
Récords
[editar | editar a fonte]- Filme máis premiado: Dhogs en 2017 con 13 premios.[6] O segundo é O descoñecido en 2015 con 12 premios.[7]
- Serie de TV máis premiada nunha edición: As leis de Celavella en 2005 con 10 premios.
- Filme máis nomeado: Os mortos van á présa en 2008 con 20 nomeamentos. O segundo é Dhogs en 2017 con 17.
- Serie de TV máis nomeada nunha edición: Matalobos en 2011 con 15 nomeamentos.
- Actor máis premiado: Luís Tosar con 9 premios.
- Actor máis nomeado: Antonio Durán "Morris" con 18 nomeamentos.
- Actriz máis premiada: María Bouzas con 4 premios.
- Actriz máis nomeada: María Bouzas con 8 nomeamentos.
- Director máis premiado: Jorge Coira con 4 premios.
- Director máis nomeado: Jorge Coira con 7 nomeamentos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Academia Galega do Audiovisual: Premios Mestre Mateo". Academia Galega do Audiovisual. Consultado o 10 de novembro de 2010.
- ↑ El camino de Santiago (ed.). "El Maestro Mateo o el Santo dos Croques". Centro virtual Cervantes. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2000. Consultado o 17 de outubro de 2010.
- ↑ "Palmarés-XXI-PMM.pdf". Google Docs. Consultado o 2024-03-24.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2024-03-24). "'O Corno' arrasa nos Mestre Mateo con sete galardóns". Diario de Pontevedra. Consultado o 2024-03-24.
- ↑ "A gala dos Premios Mestre Mateo onde arrasa ‘Rapa” convértese nun clamor contra Altri". Nós Diario. 16 de marzo de 2025. Consultado o 16 de marzo de 2025.
- ↑ Academia Galega do Audiovisual (ed.). "A longametraxe Dhogs arrasa nos XVI Premios Mestre Mateo". Consultado o 4 de marzo de 2018.
- ↑ Dopico, Montse (24 de abril de 2016). "O audiovisual galego reclama a igualdade de xénero nuns Mestre Mateo nos que 'O Descoñecido' leva 12 premios". Praza.gal. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2016. Consultado o 25 de abril de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Premios Mestre Mateo |