Lemuria (continente)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Lemuria" descrito nos libros místicos Tamilenses da India

Lemuria (etimoloxía: de Lémur) é un termo mitolóxico que actualmente utilizan os teósofos para designar un vastísimo continente que, segundo a Doutrina Secreta do Oriente, precedeu á Atlántida.

Orixe[editar | editar a fonte]

Lemuria constituía un xigantesco continente, anterior a África e á Atlántida. Foi destruída por efecto dos terremotos e dos lumes subterráneos, e mergullada no fondo do océano hai algúns millóns de anos, deixando só como recordo dela varios picos das súas máis altas montañas, que agora son outras tantas illas, entre as cales figura a chamada Illa de Pascua, famosa polas súas estatuas xigantescas, que reflicten algunhas características dos seus poboadores.

Este vastísimo continente, comprendía Sudáfrica, Madagascar, Sri Lanka, Sumatra, Océano Índico, Australia, Nova Zelandia, estendéndose ata gran parte do sur do Océano Pacífico. Foi o berce e residencia da Terceira Raza Nai, ou sexa, da primitiva humanidade física e sexual, que naqueles remotos tempos tiña unha estatura xigantesca, eran andróxinos e hermafroditas, e reproducíanse mediante brotes; aínda que máis tarde, diferenciaríanse en dous sexos, dando paso á Cuarta Raza Nai.

Adaptacións[editar | editar a fonte]

  • Nos videoxogos Golden Sun e Golden Sun 2: The Lost Age (A Idade Perdida), Lemuria é un continente perdido no Océano do Leste, habitado polos Lemurios, que posúen a Psinerxía da auga.
  • Nas historietas de [[Marvel n>]], Lemuria foi o imperio dunha raza diverxente da humanidade coñecida como os Desviantes e foi destruída polos Celestiais. Lemuria sobreviviu desde entón como unha cidade submarina, que foi vista na miniserie Os Eternos.
  • Lemuria tamén é o titulo dun disco do grupo Therion.
  • No manga e anime Saint Seiya (Os Cabaleiros do Zodíaco), dada unha tradución errónea dise que Mu, Shion e Kiki son Lemurianos, cando en realidade son descendentes da xente de Mu.