Teogonía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Teogonía (do grego Θεογονία : Theogonía, literalmente Nacemento dos deuses) é unha obra poética escrita por Hesíodo, que vén sendo como o Xénese da mitoloxía grega. Discútese se debe datarse no século -VII ou no -VIII.

Contido[editar | editar a fonte]

Nela nárrase a orixe do cosmos e a liñaxe dos deuses da mitoloxía grega, ata entón propagada por medios orais. Escrita en primeira persoa, reflicte o afán de Hesíodo por «pensar» no mundo segundo categorías esenciais. É unha das obras claves da épica grecolatina.

A Teogonía serviu para fundamentar o posterior traballo de Hesíodo, máis moralista e deseñado como unha guía práctica para a vida diaria, no cal explica a xustificación divina do traballo, dentro dun marco conceptual no cal o divino é entendido como o fundador da realidade, pero só na medida que a súa presenza e realidade se verifican cada día no acaecer do mundo.

A diferenza dos textos homéricos, a Teogonía está escrita para ser lida como Verdade, como unha revelación feita ao autor polas Musas do Monte Helicón; historia que forma a primeira parte do texto. Os relatos da Teogonía parecen escritos en resposta á excesiva humanización dos deuses da tradición homérica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hesíodo (1997). Obras y fragmentos: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Fragmentos. Certamen. ISBN 978-84-249-3517-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Galifontes
A Galifontes posúe escritos orixinais acerca de: Teogonía