Continente
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa físico da Terra
Un continente é unha grande extensión de terra que presenta algunha diferenza salientable respecto das veciñas. O planeta Terra divídese nos seguintes continentes:
- África: Separado de Asia polo istmo de Suez, en Exipto, e bañado polo océano Atlántico (ao oeste) e o océano Índico (ao leste)
- América: Xeralmente considérase dividido en dous subcontinentes: América do Norte e América do Sur, e aínda América central, istmo entre os dous anteriores. Está limitado polo océano Atlántico ao leste, o océano Pacífico ao oeste, o océano Glacial Ártico ao norte e o océano Glacial Antártico no extremo sur.
- Asia: Separado claramente de África polo estreito de Suez. Os seus límites con Europa son máis imprecisos, chegando a considerarse Europa tan só como unha parte do macrocontinente Eurasia. Considerado como Eurasia, é bañado por todos os océanos do planeta.
- Europa: Porción de Eurasia, considerado un continente debido ás súas características históricas que o diferencian claramente de Asia.
- Oceanía: Continente que abrangue Australia e os milleiros de illas espalladas polo océano Pacífico. Os seus límites con Asia non están moi definidos.
- Antártida: Extensa porción de terra que ocupa a parte máis meridional do planeta. Está rodeada polo océano Glacial Antártico.
[editar] Superficie e poboación
Continentes ordenados por área e poboación
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||