Apeninos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Montes Apeninos

Os Montes Apeninos (Appennini, en italiano) percorren 1.000 quilómetros do norte ao sur de Italia ao longo da súa costa este, formando o eixo principal da península italiana ou apenina. As montañas están maioritariamente cubertas de bosques, aínda que unha cara do pico máis alto, no Gran Sasso d'Italia, de 2.914 metros, está parcialmente cuberta na súa cara norte polo que é o glaciar máis meridional de Europa desde que se derritiu o glaciar do Veleta, en Sierra Nevada, a primeiros de século XX. As ladeiras orientais que miran ao mar Adriático son escarpadas mentres a zona occidental termina en chairas onde están situadas a maioría das cidades históricas italianas.

Durante a Segunda Guerra Mundial os alemáns usaron os Apeninos como barreira defensiva, denominándoa a Liña Gótica. Foi atacada sen éxito en setembro de 1944.

Na Lúa, danlle nome aos Montes Apenninus, preto do Mare Imbrium, é unha elevación montañosa próxima ao lugar de aluaxe da misión Apollo 15.