Taiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Taiga (pronunciado /'taɪgə/, do ruso тайга́), tamén coñecida por bosque de coníferas, ou bosque boreal, é un bioma comumente atopado no norte de Alaska, Canadá, sur da Groenlandia, parte de Noruega, Suecia, Finlandia, Siberia e Xapón. No Canadá, emprégase o termo bosque boreal para designa-la parte meridional dese bioma, e o termo taiga é usado para designa-las áreas menos arboradas ao sur da liña de vexetación arbórea do Ártico. En Galiza, Portugal e no Brasil, o termo taiga é xeralmente empregado para designa-los bosques rusos, encanto que se usa bosque boreal ou bosque de coníferas para referirse ós bosques dos restantes países.