Lingua escocesa
| Escocés (Scots) | ||
|---|---|---|
| Outros nomes: | Lallans | |
| Falado en: | ||
| Rexións: | Europa occidental | |
| Total de falantes: | 200.000 (Ethnologue) 1.500.000 (GROS) |
|
| Posición: | 217 | |
| Familia: | Indoeuropea Xermánico Xermano occidental Anglo-frisoa Escocés |
|
| Escrita: | Alfabeto latino | |
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | Non é oficial Escocia: lingua tradicional |
|
| Regulado por: | Ningén | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | -- | |
| ISO 639-2: | sco | |
| ISO 639-3: | sco | |
A lingua escocesa (en escocés: Scots leid ou Scots) é unha lingua xermánica historicamente falada nas Terras Baixas escocesas (Lowlands) e en partes do Ulster. É ás veces chamado lallans (termo procedente de Lowlands) para diferencialo do gaélico escocés, lingua de orixe céltica falada principalmente nas Terras Altas (Highlands) occidentais e nas Hébridas.
Esta lingua ten a súa orixe en dialectos do inglés medio de Nortumbria. Posúe preto dun millón e medio de falantes, e é unha lingua común na rúa, pero que carece de calquera apoio oficial: nin se aprende nas escolas nin aparece na rotulación das cidades nin apenas en libros. O escritor máis famoso en escocés é Robert Burns, que empregou esta lingua tanto coma o inglés nos seus poemas. O código ISO 639 do idioma é sco.
Índice |
Nomenclatura[editar]
Os falantes nativos ás veces refírense á lingua como braid Scots[1] ou usan o dos diferentes dialectos como Doric, Teri ou o Buchan Claik. O termo Lallans, unha variante do escocés moderno lawlands, é tamén utilizado. O escocés en Ireland é coñecido en círculos oficiais como "escocés do Ulster" ou "Ullans", un recente neoloxismo que combina "Ulster" e "Lallans".
Etimoloxía[editar]
O nome vernáculo da lingua, Scots, é unha contracción de Scottis, escocés antigo,[2] e da forma meridional do inglés antigo tardío Scottisc (en inglés moderno: Scottish), que substituíu á temperán forma i-mutada Scyttisc. Antes do século XV a fala inglesa en Escocia era coñecida como "English" (escrita Ynglis ou Inglis daquelas), así o termo "Scottish" (escrito Scottis) referíase ao gaélico.
A comezos do século XV,[3][4] o inglés de escocia converteuse nunha lingua sensiblemente distinta, aínda que carecendo dun nome que a distinguise claramente do inglés do sur da Bretaña. Dende o ano 1495 o verba Scottis foi gañando uso gradualmente para referirse á lingua das Terras Baixas escocesas e Erse, irlandés, para o gaélico. Por exemplo, antes da fin do século XV William Dunbar usaba Erse para referirse ao gaélico e a comezos do século XVI Gavin Douglas uso o nome Scottis como nome para a lingua xermánica. Hoxe a lingua celta de Escocia é chamada habitualmente gaélico escocés.
Dialectos[editar]
Recoñécese que o escocés ten habitualmente cinco dialectos:
- Escocés setentrional, falado ao norte de Dundee e dividido á súa vez nunha franxa máis setentrional (ao redor da vila de Caithness), nunha fita central e maioritaria (chamado dialecto dórico) e nunha máis meridional. O dialecto dórico ten á súa vez algúns dialectos recoñecidos e peculiares na vila de Cromarty: a fala dos mariñeiros de Cromarty, a fala dos labregos de Cromarty e a fala dos vilegos de Cromarty.
- Escocés central, falado entre as cidades de Perth (ao norte) e Glasgow e Edimburgo (ao sur), e que se adoita dividir en nororiental, sudoriental, occidental e sudoccidental.
- Escocés meridional ou fala das Estremas, usada nas Estremas de Escocia.
- Escocés insular, falado nas Órcadas e nas Shetland.
- Escocés do Úlster, falado por emigrantes escoceses ao norte de Irlanda e no condado de Donegal, e emparentado directamente co escocés central.
Notas[editar]
|
||||||||||||||||||||||||||||||||