Río Volga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Río Volga
Volga.A2002137.0745.250m.jpg
País Rusia
Rexión n/d
Nacemento
Altitude n/d
Lonxitude 3.700 km
Caudal medio 8.000 m³/s
Conca
Desembocadura Mar Caspio

O río Volga (en ruso Во́лга, Tatar İdel, Идел, Mordvin Рав, Mari Юл, alemán Wolga) na Rusia Occidental , o río mais longo de Europa, cunha lonxitude de 3.690 km, forma o corazón do sistema fluvial máis grande de Europa.

En antigos tempos foi coñecido como Atil, Itil or Idil.

Índice

Xeografía [editar]

Nace nas cuíñas Valdai, 225 m por riba do nivel do mar, ao noroeste de Moscova e arredor de 320 quilómetros sueste de San Petersburgo, o Volga encabeza ao leste pasado Tver', Dubna, Yaroslavl, Nizhny Novgorod e Kazan (Qazan). Desde aí volta ao sur, pasa Tolyatti, Samara e Volgogrado, e morre no Mar Caspio por baixo de Astrakhan a 28 metros por baixo do nivel do mar.

Drena a maioría de Rusia Occidental; os seus moitos grandes encoros provén importante irrigación e enerxía hidroeléctrica. O sistema formado polo Canal Moscú-Volga, o Canal Volga-Don, e o Canal Mariinsk forman unha vía navegable conectando Moscova co Mar Branco, o Mar Báltico, o Mar Caspio, o Mar de Azov e o Mar Negro.

O Volga conxélase tres meses por ano en gran parte.

Delta do Volga [editar]

O Volga e mailos seus afluentes forman o sistema do río Volga, o cal drena unha área de arredor de 1.35 millóns de quilómetros cadrados na parte máis altamente poboada de Rusia. O Delta do Volga ten unha lonxitude de arredor de 160 quilómetros e inclúe ata 500 canles e ríos máis pequenos.

Volga en Yaroslavl

Economía [editar]

O fértil val do río inclúe unha rexión de grande cultivo de trigo. Unha grande industria petrolífera céntrase sobre o vale do Volga. Outros minerais inclúen gas natural, sal, e potasio. O Volga Delta e o próximo Mar Caspio ofrece excelentes sitios de pesca. Astrakhan, no delta, é o centro da industria do caviar.

Volgogrado e Nizhny Novgorod son importante cidades manufactureiras sobre os bancos do Volga. Durante o réxime soviético, Nizhny Novgorod foi pechada para os estranxeiros. Outras cidades importantes sobre o río inclúen Saratov, Kazan, Tolyatti, e Samara. Hai nove centrais hidroeléctricas principais e varios grandes lagos artificiais ao longo do Volga. Os maiores lagos son, de norte a sur, o Rybinsk, Nizhny Novgorod, Samara, e encoros no Volgogrado.

Afluentes [editar]

Entre os numerosos afluentes do Volga, destacan o Mologa, Sheksna, Kotorosl, Kostroma, Vetluga, Oka, Kama, Samara e o Sura.

Historia [editar]

O antigo Ptolomeo de Alexandría mencionou o Volga na súa Geographia. O río xogou un importante papel nos grandes movementos de xente de Asia a Europa. Unha vez floreceu un potente imperio Búlgaro, onde o río Kama se xunta co Volga.

Volgogrado foi testemuña da Batalla de Stalingrado, a principal vitoria da Unión Soviética sobre Alemaña na Segunda Guerra Mundial.

Os profundos sentimentos rusos para co Volga a miúdo atópanse reflectidos nas súas cancións e literatura.

Demografía [editar]

A rexión do Volga é tamén fogar para un grande grupo minoritario alemán, os alemáns do Volga. Baixo a Unión Soviética un grande anaco da rexión converteuse na República Autónoma Socialista Soviética Alemá do Volga para fogar dos alemáns do Volga.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: