Bidueiro
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bidueiro (homónimos).
| Bidueiro | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Bidueira |
|||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| Betula pubescens Ehrh., 1791 |
|||||||||||||||
A bidueira, bidueiro ou bido (Betula pubescens Ehrh.) é unha árbore da familia das betuláceas que medra nas zonas húmidas.
É unha árbore de folla caduca, alterna, peciolada, de forma romboidea e marxe dentado. O tronco é de superficie lisa e branqueciña.
Índice |
[editar] Usos
A súa madeira, dura e resistente, úsase para carpintaría e foi tradicionalmente utilizada polos zoqueiros (que partían pola metade un toro e de cada metade facían un zoco). Tamén se utilizou para a construción de cubertas, cascos de canoas e para a elaboración de diferentes recipientes. Naturalmente, tamén se aproveita como combustible nas cociñas de leña, pola súa facilidade para arder.
Da súa casca, branda, pódese obter aceite que se emprega en medicina.
[editar] O bidueiro na cultura popular
- Miña nai quere unhas zocas
branquiñas de abidueira;
Mándemas vir de Villalba,
daquilas que hai de chinela. - Meu Santo San Fins do Castro,
¿que lle dás os teus romeiros?
auga da túa fontiña
sombra dos teus bidueiros.
[editar] Galería de imaxes
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
Hai moitos topónimos relacionados con esta árbore: