Bósforo
O Bósforo é un estreito marítimo entre o mar Negro e o mar de Mármara (que no seu outro extremo se comunica co mar Mediterráneo a través do estreito dos Dardanelos) e que separa Europa e Asia, á beira do cal está situada a cidade de Istambul (Constantinopla).
Hai dúas pontes sobre este estreito. A ponte Bogazici, de 1074 metros de largo foi completada en 1973. A segunda ponte, a Fatih Sultan Mehmede posúe unha lonxitude de 1014 metros, completouse en 1988 e atópase a case a cinco quilómetros ao norte da primeira.
Un túnel ferroviario de 13,7 quilómetros foi construído e estimouse a súa entrada en funcionamento para o 2012. Aproximadamente 1400 metros do túnel foron construídos baixo o estreito, a unha profundidade de 55 metros.[1]
Índice |
[editar] Etimoloxía
O nome procede do grego bos: boi + foros: pasar, trasladar, xa que na antigüidade era común atravesar tal estreito cun odre inflado confeccionado coa pel dun boi. A palabra grega foi modificada posteriormente en lingua turca coma Boğaziçi.
[editar] Formación xeolóxica
O Bósforo formouse ao redor do 5600 a. C., cando unha as augas do Mar Mediterráneo e o mar de Mármara inundaron o val fluvial dun extenso lago de auga doce próximo que, coa irrupción das augas do mar de Mármara a través do Bósforo, converteuse no mar Negro actual.[Cómpre referencia]
[editar] Notas
- ↑ Marmaray tunnel completed (inglés) (2008). Consultado o 09/01/2009.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
- Convención de Montreux: Acerca da navegación polo estreito.