Flavio Xosefo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flavio Xosefo, nado en Xerusalén no ano 37 e finado en Roma no ano 100, foi un historiador xudeu. Os seus relatos son unha importante referencia histórica da Palestina do século I.
Pertencía a unha familia sacerdotal de Xudea, súa nai estaba vencellada aos Asmoneos. Durante o goberno de Nerón foi enviado a unha embaixada onde conseguiu a amnistía para varias autoridades xudías. Foi nomeado gobernador de Galilea polo Sanedrín. Loitou contra os exércitos romanos de Vespasiano. Feito prisioneiro, acadou o favor do emperador e fíxose cidadán romano sen renegar do xudaísmo. Tomou o nome de Flavio por ser este o da familia imperial que o protexeu.
Obras [editar]
- Historia da Guerra Xudía.
- As Antigüidades xudías.
- Contra Apión.
- Vida de Flavio Xosefo.
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |