Linguas goidélicas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lingua gaélica")

As linguas goidélicas ou gaélicas forman unha familia de linguas célticas, distinta do grupo das linguas britónicas. Comprenden:

Entre as linguas xa extintas estarían o celtibérico e o galaico.

O nome gaélico designa comunmente o conxunto destas linguas.

O caso do shelta está suxeito a discusión: malia que polo léxico a lingua se aproxima ao irlandés, trátase no fondo dunha lingua sintacticamente xermánica.

Comparación de linguas célticas[editar | editar a fonte]

Unha das distincións é o /p/ das linguas britónicas e o /k/ das linguas goidélicas:

linguas goidélicas
linguas britónicas
galego irlandés escocés manx bretón galés córnico
cabeza ceann ceann kione penn penn penn
catro ceathar ceithir kiare peder (f) pedwar peswar
cinco cúig còig queig pemp pump pymp
quen quoi piv pwy piw

Situación actual[editar | editar a fonte]

O gaélico irlandés fálase principalmente na Gaeltacht na costa oeste de Irlanda: é a primeira lingua nacional deste país onde a súa revalorización é obxecto dun debate político ante o emprego dominante do inglés (unha segunda lingua nacional segundo a Constitución).

Nalgunhas provincias afastadas de Escocia como Illa de Skye, pódense atopar aldeas onde os seus habitantes falan só gaélico escocés. En Escocia creáronse escolas onde as clases se poñen só en lingua gaélica.

En Canadá, só os escoceses das Highlands e os galeses fundaron comunidades onde a súa lingua materna deu sobrevivido ata os nosos días. Atópanse comunidades gaélicas escocesas na illa de Cap-Breton e en tres condados do leste de Nova Escocia (Guysborough, Pictou e Antigonish), na Illa do Príncipe Eduardo, no val de Codroy no suroeste de Terranova, no condado de Compton no Quebec, no sur do Ontario (os condados de Stormont, de Dundas e de Glengarry ao sueste de Otava, e no condado de Middlesex ao oeste de London), así como nunha e outra parte da fronteira entre o Manitoba e o Saskatchewan.

Trazos distintivos das linguas britónicas fronte ás linguas goidélicas[editar | editar a fonte]

Un trazo lingüístico permite distinguir as linguas britónicas das linguas goidélicas: hai unha alternancia entre o fonema «k» (celta Q) particular ao goidélico e os fonemas «p» ou «b» que lles corresponden en britónico (celta P). Nótase ademais que, nas linguas itálicas, curmáns das linguas célticas, o latín é unha lingua con «k» e o osco unha lingua con fonema «p» (comparar quinque e Pompeï).

Algunhas expresións e palabras gaélicas[editar | editar a fonte]

  • Ciamar a tha thu ? (Como che vai?) (escocés); Kys t'ou ? (Como che vai?) (manx).
  • Sasannach (palabra pexorativa que designa un inglés) (escocés).
  • a leannáin (queridiña) (irlandés).
  • ruadh (vermello) (escocés).
  • Iain (Xoán) (escocés); Seán (Xoán) (irlandés).
  • Tá baisteach ann (chove) (irlandés).
  • mac (fillo de onde por exemplo Mac Liam = fillo de Liam).

Exemplos[editar | editar a fonte]

galego irlandés escocés manx
Gaélico Gaelach Gaidheal Gaelgagh
día latha laa
noite oíche oidhche oie
dentro isteach a-steach stiagh/ayns
escola scoil sgoil scoill
igrexa eaglais eaglais agglish/keeill
neno páiste pàiste paitchey
sen gan gun gyn
autoridade údarás ùghdarras ard-ynseyder
oficina oifig oifis/ oifig offish
aberto oscailte fosgailte foshlit
ano bliain bliadhna blein
radio raidió radio/ rèidio radio
goberno rialtas riaghaltas reiltys
parlamento parlaimint pàrlamaid parlamaid/ard-whaiyl
illa oileán eilean ellan

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Gaélico Escocés[editar | editar a fonte]

Irlandés[editar | editar a fonte]

  • Curso de irlandés en francés – Esta páxina moi simple, ensínanos moito sobre o irlandés. O seu autor, Yves SAGNIER, utiliza cursos de: a University College de Dublín (GAELIC-L 1992-1993), de Gaeilge-B e de " The Irish Eyes ".
  • Portal de LEXILOGOS – Este portal de LEXILOGOS propón recursos útiles para a aprendizaxe da lingua irlandesa.
  • RTÉ Raidió Na Gaeltachta – Difundida en Irlanda, esta emisora de radio difunde as súas emisións completamente en irlandés.
  • Irish Saying – Páxina que ofrece a posibilidade de escoitar e descargar palabras, frases e expresións en irlandés.

Manx[editar | editar a fonte]

  • Gaelg-Lessoonyn - Varios cursos de manx, dun nivel moi simple a un nivel bastante avanzado.
  • Radio Vannin – A emisora oficial da Illa de Man, cunha sección de emisións en manx, listas para descargar en formato MP3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns internas[editar | editar a fonte]

Linguas célticas modernas
Chwe Chenedl Geltaidd syml.png
Celtas
Britónico
(Celta P)
Goidélico
(Celta Q)
Flag of Brittany (Gwenn ha du).svg
Flag of Cornwall.svg
Flag of Wales 2.svg
Flag of Ireland.svg
Flag of the Isle of Mann.svg
Flag of Scotland.svg
Bretón · Córnico · Galés | Irlandés · Manx · Gaélico escocés
Ccross.png
Ver tamén: Lingüística · Celtas · Países celtas