Lingua polaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polonés
'Polski'
Outros nomes: Polaco
Falado en: Polonia, condado de Vilnius e minorías noutros países
Rexións: Europa
Total de falantes: 50 millóns (38 millóns en Polonia)
Posición: 27
Familia: Indoeuropea
 Balto-eslava
  Eslava
   Eslavo occidental
    Polonés
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Flag of Poland.svg Polonia
Flag of Europe.svg Unión Europea
Regulado por: Consello da lingua polaca
Códigos de lingua
ISO 639-1: pl
ISO 639-2: pol
SIL: POL
Idioma polaco.PNG

O polaco ou polonés é unha lingua eslava do nordés de Europa, oficial na República de Polonia e no Condado de Vilnius. Forma parte da póla lequítica das linguas eslavas setentrionais e existe un algo grao de intercomprensibilidade co checo e o eslovaco.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia desa lingua divídese en catro períodos: antigo (séculos XII - XVI), medio (século XVI - 1780), novo (1780 - 1945) e moderno. A lingua polaca pertence á rama lequítica do grupo occidental eslavo, xunto con dialectos extintos dos eslavos que viviron ao leste dos ríos Oder (Odra en polaco) e Elba. A historia rexistrada da lingua polaca comeza cunha bula papal en latín, do 1136, polo arcebispo de Gniezno, na cal aparecen 410 nomes polacos persoais e xeográficos. O rexistro polaco máis antigo dátase do século XIII, sendo do século XIV o texto continuo máis antigo.

No século XVI xa se pode falar de lingua literaria máis ou menos normativa, que contén algunhas características do dialecto da rexión da Gran Polonia, no oeste do país, e da rexión da Pequena Polonia, no sueste, estando a historia da época da Polonia conectada con centros político-relixiosos desas rexións (Gniezno, Poznań e Cracovia). As influencias diferenciadas de ambos dialectos acabaron coa selección da variante máis próxima ao checo, que tivo forte influencia no comezo do século X, cando o cristianismo entrou na Polonia vía Bohemia. A lingua literaria polaca tivo desenvolvemento continuo desde entón, aínda que o latín teña sido un serio adversario, concorrendo co polaco ata o final do século XVIII.

En 1924, o novelista Władysław Reymont gañou o Premio Nobel de Literatura. Outros novelistas e poetas que tamén gañaron o Nobel foron Henryk Sienkiewicz, en 1905, Czesław Miłosz, en 1980 e Wisława Szymborska, en 1996.

Dialectos[editar | editar a fonte]

O territorio lingüístico polaco divídese tradicionalmente en cinco grandes zonas dialectais, correspondentes ás rexións histórico-xeográficas da Gran Polonia, Pequena Polonia, Silesia e Casubia. Esta división non inclúe os territorios do oeste e do norte (aproximadamente o 25% do territorio polaco actual) que pertencían a Alemaña ata a Segunda Guerra Mundial, poboados despois polos chamados falantes de novos dialectos.

A maioría dos falantes dialectais mostran tendencia á diglosia, ou sexa, falan dúas linguas, a forma dialectal e a lingua normativa.

A lingua casubia, considerada polos lingüistas polacos durante o réxime comunista só un dialecto do polaco (por razóns políticas), agora goza do estatuto oficial dunha lingua rexional e, como tal, é protexida e promovida polo estado polaco.

Gramática[editar | editar a fonte]

O polaco contemporáneo posúe sete fonemas vocálicos e 35 consonantes, representados polo alfabeto latino, con algúns sinais diacríticos. Os sons que non existían no latín foron transcritos coa utilización de dígrafos, como sz e cz, que son fricativas sibilantes sonora (j portugués) e xorda (x galego) respectivamente; ou por medio de marcas diacríticas como ź e ś, procedentes do checo. O único sinal polaco do seu alfabeto é a letra Ł, que equivale á semiconsoante w. Ao longo da súa evolución, o polaco deixou de distinguir entre vogais longas e breves.

O polaco é a única lingua eslava que posúe vogais nasais (ą e ę), orixinarias das vogais nasais do antigo eslavo. É unha lingua moito flexionada e os verbos conxúganse variando en xénero, persoa e número; a orde das palabras na frase é bastante flexíbel, por conta da clareza dada pola declinación de substantivos e adxectivos.

Alfabeto[editar | editar a fonte]

O alfabeto polaco ten 32 caracteres; 9 son vocálicos e 23 son consonánticos.

A Ą B C Ć D E Ę F G H I J K L Ł M N Ń O Ó P R S Ś T U W Y Z Ź Ż
a ą b c ć d e ę f g h i j k l ł m n ń o ó p r s ś t u w y z ź ż

Os caracteres Q V X - q v x aparecen só en palabras de orixe estranxeira. Son chamados "caracteres históricos" e frecuentemente non se consideran parte do alfabeto polaco contemporáneo.


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua polaca.
Flag of Europe.svg Linguas oficiais da Unión Europea Flag of Europe.svg
Alemán | Búlgaro | Castelán | Checo | Croata | Dinamarqués | Eslovaco | Esloveno
Estoniano | Inglés | Finés | Francés | Grego | Húngaro | Irlandés | Italiano | Letón
Lituano | Maltés | Neerlandés | Polaco | Portugués | Romanés | Sueco
Fonte: Sitio da Unión Europea