Río Indo
| Indo | |
|
O Indo no norte de Paquistán |
|
| País | China, India, Paquistán |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Monte Kailaish |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 3.180 km |
| Caudal medio | 3.850 m³/s |
| Conca | 1.165.000 km² |
| Desembocadura | Mar Arábigo (océano Índico) |
O río Indo é un curso fluvial do sur de Asia, que corre polo Tíbet (China), a India e Paquistán, e do que toma o seu nome a India. Flúe desde o Himalaia en dirección suroeste e desauga no Mar Arábigo, logo de 3.180 km de curso. O Indo é un dos sete ríos sagrados da India.
Índice |
Percorrido [editar]
As fontes do Indo están situadas no Tíbet, no monte Kailâs ou Gangri, tomando o seu nome a partir da confluencia dos regos Sengge e Gar, que descenden do Himalaia e drenan os cordais de Nganglong Kangri e de Gangdise Shan. O Indo móvese logo para noroeste, a través de Cachemira, ao sur da cadea montañosa do Karakorum, para despois virar gradualmente para o sur, abandonando os outeiros entre Peshawar e Rawalpindi. Neste tramo unha presa forma o encoro de Tarbela. A partir da unión con o río Kabul, o Indo é xa navegábel.
O resto do curso do río cara ao mar desenvólvese polas chairas do Punjab e do Sind, movéndose as augas con maior vagar. Atravesa Hyderâbâd, antes de desembocar no Mar Arábigo nun grande delta areoso de 7.770 km², que abarca uns 200 km de costa, ao sueste de Karachi, e que é considerado como unha das rexións ecolóxicas das máis importantes do mundo.
Fauna [editar]
Un dos animais máis salientes e curiosos que habitan as súas augas é o golfiño do Indo. Estudos xenéticos demostraron que o arroaz do Indo e o do Ganxes (Platanista gangetica), que eran considerados antes como distintos, forman en realidade unha soa e mesma especie.
Economía [editar]
O Indo é o proveedor de recursos hídricos máis importantes nas chairas de Punjab e de Sindh (que constitúen a columna vertebral da agricultura e a produción de comida de Paquistán). O río é especialmente importante, xa que a choiva é escasa na parte baixa do val do Indo. As canles de rego foron inicialmente construídas pola xente da civilización do val do Indo, e posteriormente por enxeñeiros do Imperio Cuxano e do Imperio Mogol. A moderna irrigación foi introducida pola British East India Company en 1850 (a construción de modernas canles foi acompañada co arranxo das vellas). Os británicos supervisaron a construción dunha das máis complexas redes de rego do mundo. A presa de Guddu ten 1.350 m de longo e rega Sukkur, Jacobabad, Larkana e Kalat. A presa de Sukkur atende a máis de 20.000 km2.
Despois da aparición de Paquistán, asinouse en 1960 un tratado de control de augas entre India e Paquistán, garantindo que este último país recibiría auga do Indo e dos seus afluentes do oeste. O Proxecto Conca do Indo consitíu primeiramente na construción de dúas presas principais, a de Mangala no río Jhelum River e a de Tarbela no Indo, xunto coas súas presas subsidiarias. A Autoridade Paquistaní de Desenvolvimento de Auga e Enerxía levou a cabo a construción da canle Chashma-Jheluml (unindo as augas dos ríos Indo e Jhelum), extendendo a subministración de auga ás rexións de Bahawalpur e Multan. Paquistán construíu a presa de Tarbela preto de Rawalpindi (de 2.743 metros de longo e 143 de altura, cun depósito de 80 km). A presa de Kotri, presto de Hyderabad ten 915 metros de longo e proporciona recursos adicionais a Karachi. A presa de Taunsa, preto de Dera Ghazi Khan produce 100.000 quilowatios de electricidade. A extensa vinculación dos afluentes co Indo axudou a difundir os recursos hídricos ao val de Peshawar, en Khyber Pakhtunkhwa. Os amplos proxectos de rego e presas proporcionan as bases para a gran produción de cultivos en Paquistán, como algodón, cana de azucre e trigo. As presas tamén xeran electricidade para as industrias pesadas e os centros urbanos.