Río Ural
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| ' | |
|
|
|
| País | Casaquistán, Rusia |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Urais |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 2,428 km |
| Caudal medio | 400 m³/s |
| Conca | |
| Desembocadura | Mar Caspio |
O Ural (ruso: Урал, [antigamente : Яик, Iaik], casaco: Жайық, Zhayyq) é un río que comeza nas montañas dos Urais e que despois de 2 428 km desemboca no mar Caspio. Atravesa Rusia e o Casaquistán e constitúe, xunto cos montes Urais, a fronteira entre Europa e Asia que fai que aqueles dous países estean dacabalo de dous continentes.