Lingua eslovaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eslovaco
'Slovenčina'
Falado en: Eslovaquia, República Checa, Hungría, Serbia, Montenegro, Polonia, Romanía, Ucraína.
Total de falantes: 5,6 millóns
Familia: Indoeuropea
 Balto-eslava
  Eslava
   Eslava occidental
    Checo-eslovaca
     Eslovaco
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Flag of Slovakia.svg Eslovaquia
Flag of Europe.svg Unión Europea
Regulado por: Instituto Ľudovít Štúr
Códigos de lingua
ISO 639-1: sk
ISO 639-2: slo (B) slk (T)
ISO 639-3: slk
SIL: SLO
Idioma eslovaco.PNG

O eslovaco (slovenčina, slovenský jazyk) é unha lingua eslava falada principalmente na República de Eslovaquia. Pertence ao grupo das linguas eslavas occidentais. É próximo do checo na escrita, mais difire fonética e gramaticalmente. A maioría dos adultos eslovacos e checos son capaces de comprenderse mutuamente sen dificultade, tendo estado en contacto coas dúas linguas por medio da radio e da televisión nacionais, ata a partición de Checoslovaquia no 1993. Aqueles que non viviron esta situación, en particular os máis novos, poden experimentar dificultades de comprensión. É próximo tamén do polaco, e en xeral existe unha intercomprensión máis ou menos doada con todas as linguas eslavas occidentais e meridionais (esloveno, serbocroata, etc.)

Non hai que confundilo co esloveno (slovenščina), xa que aínda que é outra lingua do grupo eslavo trátase de dúas linguas distintas. O esloveno forma parte do grupo do eslavo meridional occidental (como o serbocroata), mentres que o eslovaco é parte do eslavo occidental como o citado checo ou o polaco.

O eslovaco utiliza un alfabeto latino modificado, con signos diacríticos para anotar certos sons.


Historia[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente as elites eslovacas escribían en checo, por veces cheo de eslovasquismos, especialmente entre os católicos mentres a elite protestante tendía a utilizar un checo sen trazos eslovacos. O sacerdote católico Anton Bernolák foi o autor do primeiro estándar para o eslovaco a fins do século XVIII, baseábase no eslovaco occidental, que comparte moitos trazos co checo, pero que é moi diferente dos outros dialectos eslovacos[1] polo que o seu éxito foi limitado, quedando en desuso a comezos do século XIX. A base da lingua normativa eslovaca actual é a codificación feita en 1840 por Ľudovít Štúr, tomando como fundamento os dialectos eslovacos centrais principalmente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Stephen Barbour e Cathie Carmichael Language and nationalism in Europe. Oxford University Press, 2000, páxina 201
Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua eslovaca.
Galizionario
Vexa no Galizionario as palabras en Eslovaco.
Flag of Europe.svg Linguas oficiais da Unión Europea Flag of Europe.svg
Alemán | Búlgaro | Castelán | Checo | Croata | Dinamarqués | Eslovaco | Esloveno
Estoniano | Inglés | Finés | Francés | Grego | Húngaro | Irlandés | Italiano | Letón
Lituano | Maltés | Neerlandés | Polaco | Portugués | Romanés | Sueco
Fonte: Sitio da Unión Europea