Gustave Moreau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Autoretrato de Gustave Moreau, 1850

Gustave Moreau, nado en París o 6 de abril de 1826 e finado na mesma cidade o 18 de abril de 1898, foi un pintor, gravador e debuxante francés, precursor do Simbolismo. E da estética decadente de finais do século XIX.

Biografía[editar | editar a fonte]

Gustave Moreau era dunha familia burguesa que non puxo obstáculos á súa vocación artística. No 1888 entrou na Academia das Belas Artes en París e foi profesor de pintores que logo foron celebres, como Henri Matisse, Albert Marquet e Georges Rouault. Viaxou a Italia no ano 1841, e logo volveu entre 1857 e 1859 para copiar ós mestres italiáns. Faleceu aos setenta e dous anos de idade. Foi sepultado no cemiterio parisino de Montmartre. Á súa morte deixou como legado o seu taller, que se converteu no museo Gustave Moreau, inaugurado o 13 de xaneiro de 1903. Apuntouse pa guerra franco-prusiana do 1870, pero non pudo quedar por causa da súa reuma.

Obra[editar | editar a fonte]

Edipo e a esfinxe (1864)

A obra de Moreau vai do Romanticismo ó Simbolismo. Aínda que é frecuente incluír a Moreau na nómina dos pintores simbolistas, a súa obra anticipouse en varias décadas á proclamación oficial do movemento por Jean Moréas en 1886.

Nas primeiras obras de Moreau son destacables as influencias de Ingres, no tratamento da anatomía, especialmente masculina, e de Delacroix, en canto á elección de temáticas exóticas, a través da súa mentor Théodore Chasseriau, quen fora discípulo de ambos. Co tempo, a obra de Moreau vai concedendo menor importancia á liña e máis ao colorido. Da súa última etapa, consérvase no museo Moreau unha serie de acuarelas que a crítica contemporánea considera moi próximas á abstracción.

O mundo de Moreau está poboado de adolescentes andróxinos e mulleres fascinantes e perversas (como a Salomé do seu cadro A aparición, pero tamén Dalila ou Deyanira), Mostra tamén unha certa predilección polo monstruoso. É patente o seu interese polo oriental tanto na elección dos temas como na ambientación decadente dos seus cadros (Xúpiter e Sémelle, por exemplo, evoca poderosamente a arte da India).

Non frecuentou moito os temas cristiáns, aínda que en 1862 pintou, por encargo, un Via crucis para a igrexa de Notre-Dame-de-Decazeville. Con todo, dous temas da iconografía cristiá son recurrentes na súa obra: o da Piedade e o de San Sebastián. É destacable tamén un cadro relixioso bastante tardío, A flor mística (cara a 1890), de carácter alegórico, no que a flor da Igrexa aliméntase do sangue dos mártires. Pode considerarse precursor do Simbolismo. A súa influencia é decisiva en artistas emblemáticos do movemento como Odilon Redon. A súa obra posúe unha textura onírica que fixo que fose revalorizada, xa no século XX, polos surrealistas. No 1912, André Breton emocionouse ao visitar o museo de Gustave Moreau.

Aínda que Moreau rexeitou sempre ser un pintor literario, debe destacarse o impacto que a súa obra causou entre literatos tan relevantes como Théophile Gautier ou J. K. Huysmans, entre moitos outros, atraídos pola súa estética simbolista e decadente. O protagonista de Ao revés (À rebours), de J. K. Huysmans, , Deas Esseintes que e a personaxe principal, encarna o decadentismo, está fascinado pola arte de Moreau, e especialmente polo cadro A aparición.

Museo[editar | editar a fonte]

Gustave Moreau tiña casa con taller no numero 14 na rúa La Rochefoucault en París, o morrer deixouna legada a cidade de Paris. O 13 de xaneiro 1903 abriouse o publico o Museo coas obras que deixou, case 850 pinturas, 350 acuarelas e maís de 13000 debuxos. Polo tanto moitas mais obras andan en colecions privadas. En 1912, André Breton visitou iste museo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gustave Moreau

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fernández Polanco, Aurora: Fin de Siglo: Simbolismo y Art Nouveau ("Historia del Arte", nº 42, Historia 16, 1989).
  • Hamilton, George Heard: Pintura y escultura en Europa 1880-1940. Editorial Cátedra, 1993. Páginas 79-82. ISBN 84-376-0230-0
  • Hofstätter, Hans H.: Gustave Moreau. Editorial Labor, 1980. ISBN 84-335-7563-5 (título original: Gustave Moreau, Leben und Werk).

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]