Océano Ártico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Os cinco océanos
Océano Ártico.

O Océano Ártico é a menor das cinco grandes divisións oceánicas do planeta Terra. Está situado no hemisferio norte, na súa gran maioría na rexión polar ártica. A Organización Hidrográfica Internacional recoñece o Ártico como un océano, se ben é chamado por parte da oceanografía Mar Ártico Mediterráneo ou simplemente Mar Ártico, clasificándoo como un dos mares mediterráneos do océano Atlántico.[1] Por outro lado, o océano Ártico pode ser visto como o lobo norte do océano Mundial.

Case completamente envolvida por Eurasia e por América do Norte, o Océano Ártico está parcialmente cuberto por xeo durante todo o ano: case por completo no inverno, se ben no comezo do século XXI a superficie cuberta por xeo é de só entre 1/3 e 1/2 a finais do verán. A temperatura e a salinidade do Océano Ártico varían segundo esta cobertura de xeo se derrete e conxela[2]; a media de salinidade é a máis baixa en comparación cos cinco grandes océanos, debido á baixa evaporación, ao fluxo pesado de auga doce de ríos e correntes, e a conexión limitada con augas oceánicas de salinidade máis elevada. No verán o nivel do xeo diminúe nun 50 %[3]. O National Snow and Ice Data Center (NSIDC) usa datos de satélite para fornecer un rexistro diario da cobertura de xeo do Ártico e a taxa de fusión, en comparación cun período medio dos últimos anos.

Características[editar | editar a fonte]

Batimetría e topografía do Océano Ártico e as terras veciñas.
A rexión ártica; a fronteira sur da rexión neste mapa é representada por unha isoterma vermella, con temperaturas medias inferiores aos 10 ºC en xulho ao norte da mesma.

O océano Ártico ocupa unha bacia aproximadamente circular e cobre unha área de cerca de 14.056.000 km², case do tamaño da Rusia[4][5], cun litoral de 45.390 km[4][6]. Está limitado polas masas terrestres da Eurasia, América do Norte, Groenlandia, e por varias illas.

Abrangue a Baía de Baffin, Mar de Barents, Mar de Beaufort, Mar de Chukchi, Mar Siberiano Oriental, Mar da Gronelândia, Baía de Hudson, Estreito de Hudson, Mar de Kara, Mar de Laptev, Mar Branco e outros corpos de auga tributarios. Está ligado ao Océano Pacífico a través do Estreito de Bering e ao Océano Atlántico a través do Mar de Groenlandia e do Mar do Labrador[3].

Os bordos do Océano Glacial Ártico están repartidos entre diversos mares secundarios, separados por arquipélagos costeiros; de Escandinavia a Rusia e América do Norte sucédense o Mar de Barents, o Mar de Kara, o Mar de Laptev, o Mar da Sibéria Oriental, o Mar de Chukchi, o Mar de Beaufort e o Mar de Lincoln, ao norte da América. Limitado por soleira de pequena profundidade, o Océano Ártico realiza pouquísimos intercambios con augas dos outros océanos.

A capa de xeo que cubre o océano ten unha superficie caótica por mor dos movementos que a animan, e ten unha espesura de dous a catro metros. Vese afectada por unha deriva, desde a illa de Wrangel até o polo Norte e o arquipélago de Svalbard. Os límites da capa, variables segundo as estacións do ano, permiten en verán unha certa circulación marítima do Mar de Barents ao cabo Tcheliuskin.

Historia[editar | editar a fonte]

Prehistoria[editar | editar a fonte]

Segundo estudos realizados por especialistas da Universidade de Oxford (Inglaterra) e o Instituto Real de Holanda para a Investigación Mariña o Océano Ártico fai uns setenta millóns de anos gozaba de temperaturas similares ás que oxe en día se viven no Mar Mediterráneo, con temperaturas de uns 20ºC fai vinte millóns de anos.

Chegaron a estas conclusións mediante o estudo de materiais orgánicos atopados en lodo de illotes de xeo do ártico. Aínda non se sabe porque se daban estas temperaturas naqueles tempo pero crese que puido ser o efecto invernadoiro derivado dunha forte concentración de dióxido de carbono na atmosfera.

Clima[editar | editar a fonte]

O océano está situado na zona de clima polar, en que as temperaturas mínimas poden baixar de -50 °C, existindo frío permanente e pouca variabilidade sazonal. Os invernos son caracterizados por escuridade continua por mor da noite polar, e por condicións estables co ceo limpo. En verán hai Sol de media-noite, ceos nubrado e ciclóns con neve ou choiva, aínda que de fraca intensidade. Ten lugar o fenómeno da aurora boreal.

A temperatura da superficie do Océano Ártico é practicamente constante, próxima do punto de conxelación da auga do mar, pouco superior a 0 °C. No inverno o mar exerce unha influencia moderadora, aínda que estea cuberto por xeo, polo que no Ártico nunca se verifican os extremos de temperatura que teñen lugar na Antártida.

O océano ten unha boa parte de zona sólida, con numerosos icebergs.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Cheo de xeo e neve, só sobreviven algunhas algas, liquens, briófitas e fungos. Entre os animais encóntranse o oso polar, focas, leóns mariños, raposas do ártico, lebre ártica, krill e algúns peixes e baleas.

Desxeo[editar | editar a fonte]

O desxeo do Ártico é principalmente causado polo efecto invernadoiro e o quecemento global, que provocan o desxeo rápido de vastas reservas de auga doce[7].

En setembro de 2007 o ENVISAT, satélite da ESA, rexistrou o maior desxeo do Océano Ártico[8], abrindo á navegación a Pasaxe do Noroeste.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tomczak, Matthias e J. Stuart, Godfrey (2003): Regional Oceanography: an Introduction. Delhi, Daya Publishing House (en inglés).
  2. Some Thoughts on the Freezing and Melting of Sea Ice and Their Effects on the Ocean K. Aagaard and R. A. Woodgate, Polar Science Center, Applied Physics Laboratory, University of Washington, January 2001. Retrieved 7 December 2006.
  3. 3,0 3,1 Michael Pidwirny (2006). "Introduction to the Oceans". www.physicalgeography.net. Arquivado do orixinal o 9 de dezembro de 2006. http://www.physicalgeography.net/fundamentals/8o.html. Consultado o 7 de dezembro de 2006. 
  4. 4,0 4,1 Wright, John W. (ed.); Editors and reporters of The New York Times (2006). The New York Times Almanac (2007 ed.). New York, New York: Penguin Books. p. 455. ISBN 0-14-303820-6. 
  5. "Oceans of the World". rst2.edu. http://mset.rst2.edu/portfolios/d/drewes_c/Integrating%20Technologies/Oceans%20of%20the%20World.pdf. Consultado o 28 de outubro de 2010. 
  6. "Arctic Ocean Fast Facts". wwf.pandora.org (World Wildlife Foundation). Arquivado do orixinal o 29 de outubro de 2010. http://wwf.panda.org/what_we_do/where_we_work/arctic/area/species/polarbear/habitat/. Consultado o 28 de outubro de 2010. 
  7. "Um atalho no gelo", Revista Veja (23 de setembro de 2009) - http://veja.abril.com.br/230909/um-atalho-gelo-p-106.shtml
  8. [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Océano Ártico Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]