Laurasia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Laurasia é o nome dado a unha antiga masa de terra do hemisferio norte aparecida no final do xurásico pola desintegración do supercontinente Panxea, separándose de Gondwana pola apertura do Mar de Tetis. Laurasia dividiuse logo en Eurasia e América do Norte. Tamén se coñece como Euramérica ou 'Continente das vellas arenitas vermellas.