Linguas bálticas
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| LINGUAS BÁLTICAS | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Norte de Europa | |
| Total de falantes: | — | |
| Familia: | Indoeuropeo Baltoeslavo LINGUAS BÁLTICAS |
|
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | -- | |
| ISO 639-2: | bat | |
|
Temas indoeuropeos |
|---|
| Linguas indoeuropeas |
| Albanés · Anatolio · Armenio Báltico · Céltico · Dacio · Eslavo Frixio · Grego · Indoiranio · Itálico Tracio · Tocario · Xermánico |
| Pobos indoeuropeos |
| Albaneses · Anatolios · Armenios Bálticos · Celtas · Eslavos Gregos · Indoarios · Indoiranios Iranios · Itálicos · Tracios Tocarios · Xermanos |
| Protoindoeuropeos |
| Lingua · Relixión · Sociedade |
| Hipóteses Urheimat |
| Hipótese anatolia · Hipótese armenia Hipótese india · Hipótese Kurgan · TCP |
| Estudos indoeuropeos |
As Linguas Bálticas son un grupo de linguas relacionadas pertencentes á familia das linguas indoeuropeas e faladas nas beiras orientais do Mar Báltico no norte de Europa. O grupo lingüístico adoita ser dividido en dous grupos: Báltico Occidental, ao que pertencen só linguas extinguidas, e o Báltico Oriental, no cal se atopan as únicas dúas linguas sobreviventes : O lituano e o letón. Aínda que están relacionadas, os vocabularios do lituano o letón difiren bastante e son inintelixibles. O antigo prusiano, hoxe extinguido, considerábase a lingua báltica máis arcaica.
Divisións [editar]
Linguas Bálticas Occidentais:
- Galindiano †.
- Prusiano Antigo †.
- Sudoviano (Iotvinxiano) †.
- Escalviano †
Linguas Bálticas Orientais:
- Curoniano (case extinto) — adoita ser considerado como Báltico Occidental.
- Neo curoniano (practicamente extinto; status disputado como báltico oriental / occidental)
- Letón (~3 millóns de falantes (~1.6 nativos falantes, 800 mil. rusos falantes de letón, outros 600 mil. falantes ))
- Latgaliano (150 mil. falantes) — acostuma ser considerado un dialecto do letón
- Lituano (~3.9 millóns de falantes)
- Samoxiciano — adoita considerarse un dialecto do lituano
- Seloniano †
- Xemigaliano †
(†—Lingua extinguida)
| Linguas bálticas | ||
|---|---|---|
| Curoniano | Galindano | Latgaliano | Letón | Lituano | Prusiano Antigo | Samoxiciano | Seloniano | Xemigaliano | Sudoviano |
||