Golfo de Cádiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do golfo de Cádiz.
Imaxe de satélite

O golfo de Cádiz é un entrante do océano Atlántico na costa do sudoeste da Península Ibérica, que se encontra entre o cabo de San Vicente, en Portugal, e o Estreito de Xibraltar, polo que as súas augas bañan a costa sur do Algarve, a costa da provincia de Huelva e a costa atlántica da provincia de Cádiz. Esta zona costeira recibe o nome de Costa da Luz.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Os ríos máis importantes que morren neste golfo, de oeste a leste, son:

Recursos[editar | editar a fonte]

O golfo de Cádiz posúe pequenas reservas de gas natural.[1] Aínda que no pasado non se extraía por considerar que non existía cantidade suficiente para asegurar a súa rentabilidade, na actualidade suscítase retomar a extracción para evitar a dependencia exterior. Na actualidade Repsol extrae a 30 quilómetros de Mazagón.[2]

En canto á pesca, as especies mariñas de interese comercial que se capturan no Golfo de Cádiz suman 314, entre elas destacan a chirla, a anchoa, o salmonete, a acedía e o atún.[3] O atún é especialmente importante, en términos económicos e culturais, xa que implica técnicas de pesca distinta como son as almadrabas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Achan indicios de acumulación de hidrocarburos no Golfo de Cádiz
  2. Diario de Cádiz-Extracción de gas no Golfo de Cádiz (3 de maio de 2009)
  3. A. M. Arias, M. de la Torre, M. I. Fijo (CSIC). [http://www.ictioterm.es/proyecto_introduccion.php "BASE DE DATOS TERMINOLÓGICOS Y DE IDENTIFICACIÓN DE ESPECIES PESQUERAS DE LAS COSTAS DE CÁDIZ Y HUELVA"]. http://www.ictioterm.es/proyecto_introduccion.php. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Golfo de Cádiz